24.9.18

Todas as pegadas conducen á biblioteca

Hai uns anos realizouse no noso instituto un encontro con Gonzalo Moure, autor de moitos libros que están na nosa biblioteca. Lembro que a rapazada quedara gratamente sorprendida polo seu sorriso e , especialmente, polas súas atinadas palabras  que chegaran ao corazón dos oíntes. A el, ao autor, gustáranlle os nosos rapaces e  a nosa biblioteca. Na súa visita á mesma suxerira unha actividade que , tempo despois, organizamos  o equipo da biblioteca en colaboración co profesorado titor e o alumnado do noso centro. Consistía en escoller aqueles libros que deixaran máis pegada en cada un de nós. O resultado foran 50 títulos que están espallados polo instituto noutras tantas pegadas.
Propoñemos que as sigades e faredes un camiño que vos leva a miles de historias, a moreas de sentimentos, a montóns de situacións coas que -de certo- gozaderes. 
Agardámosvos!! 




















Ningún comentario:

Publicar un comentario