22.10.18

A semana de Biblioquendas!!

O 24 de outubro  é o  Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Con esta conmemoración preténdese facer visible a importancia da biblioteca escolar e todas as súas posibilidades e recursos. Pero, como somos moi festeiros, non nos chega cun día e farémolo durante toda a semana, do 22 ao 26 deste mes.
Xa hai moitos anos que por estas datas vimos celebrando nos corredores da entrada do instituto un Mercadiño de libros usados. Faise durante os recreos para visibilizar os libros, mesmo fóra da biblioteca, e fomentar a colaboración e a interrelación entre alumnado, profesorado e familias que queiran donar, ou prestar exemplares de calquera tipo para que outras persoas os poidan mercar , por un prezo simbólico, ou levar emprestados por un tempo.
Trátase dunha actividade en colaboración coa  Quenda do Libro e serán xornadas de convivencia dos bibliófilos que amamos a lectura e admiramos os libros e os coleccionamos. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario