7.11.18

Día da Ciencia en Galego

Estamos a celebrar a Semana da Ciencia en Galego na nosa biblioteca. Para elo fixemos unha compilación de libros informativos que vos poden poñer en contacto coa ciencia , neste caso, en lingua galega.
Ao respecto, lembrámosvos que as consellerías de Cultura e Educación, a través das unidades responsables das bibliotecas públicas e escolares, xunto coa  Secretaría Xeral de Política Lingüística publicaron un manifesto asinado por Luis Navarro, Profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo no que o propio científico nos fala da importancia da lectura para facer boa ciencia. Remata o seu manifesto valorando as bibliotecas co seguinte consello:   «só podo recomendarvos que aproveitedes estas institucións do coñecemento que, afortunadamente, temos á nosa disposición para ir creando a vosa propia historia vital. E se o facedes utilizando libros e traballos científicos, tede a seguridade de que os cimentos da vosa construción serán máis sólidos».

Á vosa disposición, para consulta ou préstamo, están estes libros do andel do recuncho de conmemoracións, e aínda outros polos que podedes preguntar a calquera colaborador ou profesor da biblioteca.

Porque hai que ler para saber!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario