15.11.18

Día Mundial da Filosofía

A Filosofía é un coñecemento importante que nos proporciona ferramentas de pensamento crítico.
En biblioquendas estamos a favor da filosofía e da súa inclusión nos institutos porque coñecemos o seu valor para as nosas vidas. Por iso queremos celebrar este Día Mundial da Filosofía enchendo o recuncho de conmemoracións con  libros relacionados con esta disciplina.
A filosofía non é inutil e pode ser ben entretida. Comprobádeo botándolle un ollo aos libros expostos.Veredes como hai algúns que vos poden proporcionar unha boa tarde de lectura.


Ningún comentario:

Publicar un comentario