27.11.18

En galego triunfamos

Porque a fala, o idioma  " é a chave/coa que abrimos o mundo" como escribiu Manuel María, xa  temos aquí ,de novo, o concurso "En galego triunfamos". 
Convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Equipo da Biblioteca, pretende que o alumnado se conciencie do valor da lingua galega. Queremos que todos vos enorgullezades de falar galego e busquedes referentes en calquera campo da sociedade para exemplificar que o galego vai lonxe e que co galego imos a máis.
Durante esta semana podedes entregar os murais,nos que constará a biografía da persoa escollida e a súa vinculación coa nosa lingua, na Biblioteca do centro. 
A partir do 5 de decembro exporanse os traballos presentados na entrada do centro e posteriromente escollerase o mellor mural individual e colectivo.
E ti a que agardas para presentar o teu?

Ningún comentario:

Publicar un comentario