26.11.18

Servicio de urxencias

Os pacientes que acoden ao servicio de urxencias parecen tolos que son atendidos por uns sanitarios aínda máis tolos, provocando o riso cos seus diálogos cheos de xogos de palabras con dobre sentido.


Servicio de urxencias de Suso de Toro
Ed. Xerais.2002
A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena, Xefe do Servicio de Urxencias son os personaxes principais destas desternillantes quince minicomedias de situación que Suso de Toro preparou para televisión e que agora se publican, por vez primeira, recollidas nun libro. Quince guións da serie Servicio de Urxencias, emitida pola TVG en 1989, dirixida por Xaime Fandiño e protagonizada pola desaparecida Marisa Soto, e por Luma Gómez, Manuel Pombal e Antonio Durán Morris.
O espacio reducido do servicio de urxencias dun hospital galego, (as cabinas, as salas de agardar dos pacientes e a sala do persoal) serviulle a Suso de Toro para propoñer unha divertida escenificación do teatro da vida: os noivos intoxicados no banquete da súa voda, as propiedades curativas que poden ter os callos, uns vídeos pornos que provocan infartos, o papá Noel duns grandes almacéns que recibe unha boa vareada, son algunhas das situacións que se recollen neste libro tinguido de humor e retranca de arriba abaixo. Expléndidas minicomedias para gozar da súa lectura e para ser representadas polos mozos e mozas .

Ningún comentario:

Publicar un comentario