20.12.18

Recomendacións de lecturas para o Nadal.

Chegan as  vacacións de Nadal. Os días son curtos, vai frío... e cando pensamos en como matar o tempo vénsenos á mente a lectura. 
Para aqueles que queredes ler , para os que desexades un libro como agasallo, para os que decidistes regalar lectura , para todos vós, van estas recomendacións de lectura que dende a biblioteca vos propoñemos.
Algunhas lecturas son novidades que chegaron este curso aos noso andeis, outras levan moito tempo connosco e están tan vixentes coma sempre porque a boa literatura resiste as modas e sempre nos permite gozar e aprender.
Facemos tres grupos co alumnado e propoñemos libros en galego, castelán, francés, inglés e portugués. Hai onde escoller e hai moitas lecturas que non entraron nesta selección pero estaremos encantados de ofrecérvolas se vos achegades á nosa biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario