30.1.19

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Esta semana estamos celebrando o Día Escolar da Non Violencia e a Paz na nosa biblioteca.
Temos o noso recuncho de conmemoracións con libros e películas relacionadas  coa paz e  a non violencia para reclamar a atención dos que a visitedes.
E ao longo da semana poderemos escoitar de fondo pezas musicais con letras que nos fagan pensar e reflexionar sobre a necesidade dunha convivencia pacífica.
O xoves e venres, durante o recreo, se o desexades podedes vir e divertirvos co "Xogo da Oca pola Paz". Se traes un cubilete, un dado e algunha ficha agradecémoscho ( para asegurar que todos poidades participar).



Ningún comentario:

Publicar un comentario