23.1.19

Na noite, no silencio

Un brazado de composicións para gozar da poesía e da música.

Na noite, no silencio  de Juan Manuel Vázquez
Edicións Fervenza. 2018
Poesía que reflicte o paso pola existencia deste poeta que «Do silencio da noite» chega á "Luz" a través de momentos da súa vida que comparte  connosco.
Polos carreiros dos seus versos parécenos achar ao seu pai, á súa nai , á súa muller e á súa filla, Luzinha, a quen, na derradeira parte do poemario, Juan lle dedica as máis tenras cantigas de berce.
Por se fora pouco poder descubrir o interior deste home, o noso compañeiro no instituto, debemos salientar outro achádego:  a suxestiva ilustradora do libro que non é outra que Paquita Vázquez, a nai do autor.
Hai composicións de diferente formato , dende haikus a romances polo que é doado que gostes dalgunha(s).
E aquí non remata o agasallo porque  se agrega un CD con  5 pezas (3 de «Do Xerión» e 3 de «Da Luz »)  cantadas polo músico- poeta (ou é poeta-músico?). 
Un traballo completo desta familia que zumega arte polos catro costados.
Parabéns a Juan e a Paquita!! Augurámoslles moitos máis éxitos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario