20.2.19

Encontro con Víctor F. Freixanes

Mañá, xoves, teremos no IES Lama das Quendas a Victor F. Freixanes,xornalista, editor,  escritor e presidente da Real Academia Galega dende 2017
A biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística estamos moi interesados en que a rapazada lea, así que Freixanes vén facer apoloxía da lectura e conversará co alumnado de 1º e 2º de Bacharelato sobre "A importancia de ler e o pracer da lectura"
Freixanes estivo o  pasado sábado  na RTVG con María Solar, escritora que nos visitou o curso pasado, para falar dun dos seus libros que se acaba de reeditar. Se queredes ir achegándovos á súa figura estade atentos a conversa que mantiveron ambos autores.
Contarémosvos o que gozamos coa visita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario