29.3.19

Historia do ADN

Outro dos libros galardoados co Premio Gala do Libro Galego (Iniciativa Bibliográfica), 2018
Historia do ADN

40 anos de revolución biotecnolóxica
de Daniel Soutullo 
Editorial Xerais 2016

Este libro trata sobre os principais acontecementos na historia do ADN, desde o seu descubrimento, no século XIX, até as investigacións máis recentes, nos albores do XXI. Tamén aborda a revolución biotecnolóxica desencadeada polo coñecemento da súa estrutura e pola capacidade de manipulalo case a vontade a partir dos anos setenta do século XX. Estes acontecementos, de grande importancia científica e social, están influíndo, e influirán moito máis no futuro, na vida e na saúde das persoas. O libro, escrito nun estilo claro e ameno, diríxese a un público amplo, sen necesidade de coñecementos previos de xenética, mais con curiosidade por achegarse a ela con rigor, fuxindo de simplificacións que poidan empobrecer a comprensión do seu significado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario