11.3.19

O triángulo inscrito na circunferencia

Un clásico da narrativa galega contemporánea, unha das creacións máis singulares da novelística das últimas décadas.

O triángulo inscrito na circunferencia de Víctor F. Freixanes

Editorial Galaxia . 1987

A epopea, verdadeira e fantástica, dos vellos navegantes galegos. Unha ambiciosa metáfora que pretende explicar algúns dos momentos máis transcendentais de Galicia e a súa historia que conseguiu os eloxios unánimes da crítica e vén de ser revisada polo autor e reeditada por Galaxia.
Con esta obra , o actual presidente da RAG inaugurou unha triloxía que logo completaría con A cidade dos Césares e Cabalo de Ouros que teñen en común o espazo imaxinario de Vilanova de Alba, unha ensoñación literaria  detrás da que está a propia Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario