18.3.19

Pasos poéticos



Dende a Biblioteca do IES Lama das Quendas presentamos un proxecto que necesita da colaboración da comunidade educativa do centro.
Trátase de suxerir frases poéticas de autoría propia ou allea para escribir nos pasos de peóns que hai fronte ao edificio do I.E.S. coa intención de conmemorar o Día Internacional do Libro que se celebrará o 23 de abril de 2019.
Calquera persoa pode facer a súa proposta escribíndoa no folio destinado ao efecto no taboleiro da entrada do instituto. Ademais , deberá rexistrar o seu nome e o do autor/a da cita no caso de que sexa “copiada”.
Deben ser frases breves, por cuestión do espazo, relacionadas co libro e a lectura.
Tedes de prazo ata o 6 de abril de 2019 para facer as vosas achegas.
Tras facer a escolla, as dúas máis suxestivas, coa colaboración do Concello de Chantada, serán as que queden gravadas na rúa.
Quen as propoña terá un agasallo de recoñecemento.
Agardamos as vosas propostas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario