21.1.20

Os donos das cinsas, Beni Yáñez

Este non é un libro sobre corrupción. As eivas dun sistema que algúns disfrazan, moitos aproveitan e a maioría descoñece permiten a contratación de persoal funcionario a dedo, amañar oposicións, adxudicar obra pública a amizades ou pór e quitar xuíces afíns ao partido político no poder… mais sen incumprir lei ningunha. O mesmo que a fidelidade á parella, unha persoa só poderá declararse honrada nese momento: cando se presenta a oportunidade perfecta para non selo. E para o alcalde de Ronsaño, un home cercado por complexos propios e intereses alleos, decidir en diferentes momentos da súa vida non será sinxelo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario