21.10.20

O que Darwin non previu, Alba Payo Froiz

Unha pequena vila vive rodeada polo exército, que ten como misión impedir por todos os medios que os poboadores saian dos límites do cerco imposto. O motivo? Os habitantes sofren unha enfermidade que mata a case a totalidade dos que a padecen e, aqueles que sobreviven, gañan distintos poderes inesperados e incontrolábeis. O medo esténdese e as comunicacións co exterior acaban por cortarse de todo, polo que o nerviosismo vai medrando aos poucos. A necesidade dun líder vólvese imperiosa e Ero, o único doutor que segue en funcións na vila, ten que tomar difíciles decisións polo benestar da súa cidade mentres intenta resolver o que é o que está a pasar e o que pode facer para salvar á minguante poboación.
Esta novela, unha trepidante historia fantasía postapocalíptica onde nada é o que parece e os protagonistas deben chegar até o límite para poder sobrevivir, é a primeira obra de Alba Payo Froiz e con ela inaugúrase a Colección Alcaián, onde se publicará a narrativa dos autores noveis galegos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario