22.2.21

Do mellor de Nós I. Escolma-mostrario xeral do Boletín Nós (vol. 1): A tradición nacional de Galiza, Edición de Camilo F. Valdehorras

Este volume arela ser, ante toda outra consideración, unha antoloxía cualitativa do Boletín Nós. Os parámetros intelectuais que guiaron a súa confección son claros e pivotan arredor das seguintes verbas comúns, nodais do ideosistema, da axioloxía e do dicionario nosiano: Nós e punto (logos), Galiza (geos e thalassa), Tradición (cronos), Etno-folclore / etnocentrismo (etnos), Enxebrismo (ethos), Fideístas e felibres (cronos), Nacionalidade galega (polis) e Galeguismo / Galeguidade (eidos)…



Ningún comentario:

Publicar un comentario