O noso protagonista Hércules viaxa na súa máquina do tempo ata Mondoñedo, a cidade natal de Álvaro Cunqueiro.
18.5.22
Que teñen que ver as vacas co cambio climático?, Marian Martínez Izquierdo e Luisa Martínez Lorenzo
Neste libro explícase como funciona o Planeta e por que os arrotos e os peidos das vacas contribúen ao cambio climático. Vai ser un libro catastrofista deses nos que todo o que coñecemos vai desaparecer, imos morrer chamuscados e non hai solución? Ben, falamos das consecuencias do fenómeno pero tamén damos instrucións sobre como activar o SUPERPODER para frear o cambio climático.
E quen ten ese SUPERPODER? Pois todas as persoas que consumimos.
Camiño portugués da costa, Noelia Muíños e Ramón Quintas
Aprende divertíndote xogando ao busca e atopa no Camiño Portugués da Costa! Nestas páxinas agóchanse personaxes célebres, festas tradicionais, ingredientes máxicos da gastronomía galega e o mesmísimo apóstolo Santiago.
Hércules e a misteriosa medalla Newbery
Nesta nova aventura, Hércules descobre a existencia dun prezado galardón que se concede anualmente aos mellores libros para nenos e adolescentes, e pescuda que o premio debe o seu nome a John Newbery, pero… non sabe quen é! Buscando na internet, pescuda que Newbery foi libreiro, director de xornais…, pero, sobre todo, un pioneiro, pois se trata do primeiro editor de Literatura Infantil e Xuvenil da Historia.
Hércules descobre a Elena Fortún
Hércules descobre un libro titulado Celia, lo que dice na Biblioteca do Olimpo. Causoulle tanta risa, que decidiu viaxar no tempo para coñecer a súa autora, Elena Fortún.
Hércules e a caixa máxica de Ana María Matute
Nunha das súas viaxes no tempo, o intrépido Hércules ten ocasión de coñecer á escritora Ana María Matute e ao seu boneco Gorogó.
Hércules pasea con Gloria Fuertes
Hércules descobre a Gloria Fuertes cando ela recita poemas coa súa voz rouca nun programa de televisión.
10.5.22
¿Quién dice que el ajedrez es aburrido? ¡Que me lo cargo!, Pepe Cuenca e El Divis
Un libro sobre el mundo del ajedrez actual para todos los públicos, desde los aficionados al tablero hasta los que han disfrutado con Gambito de dama.
Detrás de las competiciones de ajedrez se esconde un mundo apasionante protagonizado por grandes jugadores con curiosísimas biografías, enfrentamientos de enorme tensión e interés, anécdotas de todo tipo en el entono de los campeonatos y miles de aficionados que siguen a sus ídolos, viven pendientes de una jugada maestra y participan en clubs y asociaciones donde juegan sus propias partidas al tiempo que conocen cada movimiento de piezas de los grandes maestros.
7 herbas máxicas, Rosalía Bermúdez Santos
Se es persoa amiga das herbas, dos debuxos, se che gusta o estilo de vida saudábel, coidarte de xeito natural, se estás preocupada polo medio natural e pola redución dos plásticos, se che encanta o DIY (faino-ti-mesma), e vives tanto nunha contorna rural como nunha urbana… este libro é para ti.
Hércules e o xigante, Enrique López
O encontro entre un heroe mitolóxico e un xigante colosal só podía dar como resultado o nacemento dunha torre de lenda... Deixa voar a tua imaxinación e descubre unha historia da Torre de Hércules que nunca che contaran.
O Piloto. O último guerrilleiro, Afonso Eiré
O Piloto, o último guerrilleiro (morto en combate coa Garda Civil en Chantada no ano 1965) Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o último guerrilleiro morto en combate en todo o estado. As súas fazañas, a súa lenda e a necesidade dos resistentes antifranquistas xa o elevaran a esa categoría en vida. Este libro non é so unha exhaustiva biografía que recolle toda a súa andaina e as súas obras, separando lenda de realidade, o certo da ficción, a construción popular das actuacións da personaxe. Tampouco é unha novela histórica na que se ficciona unha figura senlleira e a súa época. O Piloto, o último guerrilleiro é un libro de investigación novelada no que falan os documentos, pero tamén os protagonistas directos e indirectos con voz propia, situados cada un nos seus diversos tempos, na súa época e nas súas particulares circunstancias.
Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza, Francisco Rodríguez
Este libro sobre a etapa medieval de normalidade e esplendor do reino de Galiza e a crise da segunda metade do século XIV responde a un afán por combater a ignorancia colectiva sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións sobre el. É, en certa maneira, un traballo a favor da saúde mental colectiva da sociedade galega. Xurdiu da necesidade de colaborar a un coñecemento sobre a nosa historia, entre os séculos VIII e XIV, radicalmente confrontado coa ocultación e terxiversación do oficial dominante.
Meirás, Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo
Una de las imágenes que más asociamos con la dictadura de Franco es la de la silueta del Pazo de Meirás. Residencia de verano del Jefe de Estado durante casi cuatro décadas, el edificio, construido por la escritora Emilia Pardo Bazán, llegaría a manos del dictador en un proceso marcado por la coacción y el abuso sobre una población sujeta al aparato represivo del régimen.
Este volumen estudia y documenta estos procedimientos y analiza las acciones de las administraciones en Meirás, con la continua inversión de fondos públicos en una propiedad que, a la muerte de Franco, estaría en manos de su familia.
4.5.22
CÓLLEME E LÉVAME!!!
Escolma de poemas de "Bebedeira" de Florencio Delgado Gurriarán, disponíbel en varios espazos do Lama das Quendas para quen queira collelos e levalos...
Os catro selos, Alfredo Vázquez 花火
“Veño hoxe coa morte e quérovola presentar”. Primeira obra publicada do autor, o fanzine mestura experiencias persoais con imaxes apocalípticas.
Zinesfera. Vol 3: Grimorio
O terceiro volume da Zinesfera versa sobre bruxería, nigromancia e ritos pagáns.
Autores: Ana Fraile, Carlos Vega, Cristian Damil, Néstor Bacelar e 花火.
Ilustracións: Alan Pettinari (gravado da portada), Paula Mosquera e Samantha Hernández.
Zinesfera. Vol. 2: B/ERRO.INTERNO
Segundo volume da Zinesfera. Nesta ocasión o tema foi “tecnoloxías novas e vindeiras”.
Autores: Néstor Bacelar, Daniel Calleja, Adrián Estévez, Ciro Fernández, Olga Parrot, Manuela Pereira, Víctor Pérez e Raquel Souto.
Ilustracións: Laura Carrilo e de Lucía Rodríguez.
Zinesfera. Vol. 1: URDA
No noso primeiro fanzine contamos cos textos de autoras consolidadas e inéditas, poéticas diverxentes en forma e contido que comparten a preocupación pola calidade. Con estas voces pararelas urdimos a rede que queremos que sexa Malafera.
Textos: Adrián Maceda, Alfredo Vázquez, Ania González, Bea Saiáns, Branca Trigo, Isolda Comesaña, Marinha Paradelo, Mario Obrero, Oriana Méndez.
Ilustracións: Brais Rodríguez.
Cuentos afilados en noches extrañas y otras puñaladas, Bebi Fernández
Cuentos como puñales, relatos afilados directos al corazón, aforismos que zarandean tu mente, capaces de abrir o cicatrizar heridas profundas. Textos que siempre cierran en alto, que fulminan con dos frases, con los que disfrutar y reflexionar y ante los que el lector no puede mostrarse indiferente. Potentes, sensibles, pedagógicos, combativos, profundos, estimulantes. En definitiva: necesarios.
AX(e)ITAR A LINGUA: Orientacións para unha comunicación inclusiva no ensino, Montse Pena Presas, María Caamaño Rojo
O propio título recolle as accións necesarias á hora de abordar a linguaxe inclusiva, nomeadamente o verbo axitar no sentido de espertar conciencias e facer un chamamento ao profesorado sobre o cuestionamento do sistema estabelecido. Neste caso sobre a linguaxe inclusiva e a coeducación, pero en xeral para mostrar unha postura crítica ante o sistema dado que o ensino é onde se forxa a sociedade do futuro.
Antártida. La vida en el límite
Durante el verano austral de los años 1994 y 1995, un equipo de biólogos marinos inició una de las aventuras científicas más apasionantes. Este grupo de investigadores pretendía desarrollar el proyecto Bentart, con el objetivo de realizar el estudio integrado de la fauna marina de la Península Antártica. Los resultados permitieron conocer un lugar inexplorado y especies nuevas para la ciencia. En el año 2003 el equipo decidió continuar su exploración hacia el sur, hasta el mar helado de Bellingahusen. A bordo del Buque Oceanográfico Hespérides, a treinta grados bajo cero, con robots submarinos, buceando bajo el hielo y estudiando los fondos marinos a más de mil metros de profundidad, el equipo liderado por la bióloga Ana Ramos se está asomando a una parcela desconocida de nuestro planeta.