18.5.22

Que teñen que ver as vacas co cambio climático?, Marian Martínez Izquierdo e Luisa Martínez Lorenzo

Neste libro explícase como funciona o Planeta e por que os arrotos e os peidos das vacas contribúen ao cambio climático. Vai ser un libro catastrofista deses nos que todo o que coñecemos vai desaparecer, imos morrer chamuscados e non hai solución? Ben, falamos das consecuencias do fenómeno pero tamén damos instrucións sobre como activar o SUPERPODER para frear o cambio climático.

E quen ten ese SUPERPODER? Pois todas as persoas que consumimos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario