31.1.23

Foron por elas. Mulleres represaliadas polo franquismo

Os últimos anos foron cruciais na recuperación da memoria, mais houbo unha peza que permaneceu na penumbra, que non permitiu que os nomes das protagonistas tivesen o recoñecemento debido: as mulleres perseguidas polo franquismo. Foron por elas, primeiro volume da colección, recolle os perfís, publicados no Sermos Galiza, de moitas desas perseguidas cuxas biografías permanecían agochadas: mestras, actrices, empresarias, sindicalistas...



Ningún comentario:

Publicar un comentario