6.3.23

Entrega de premios "Concurso de cartas de amor e poesía (San Valentín 2023)".

O pasado venres 3 de marzo tivo lugar no tempo de lecer a entrega de premios do "Concurso de cartas de amor e poesía (San Valentín 2023)" na Biblioteca.

No acto, o Vicedirector Roberto Rodríguez Pérez fixo entrega dos mesmos a Vanessa González Jorge (1º premio) e a Nerea Vázquez Mirás e Xacia Vázquez Suárez quen compartiron o 2º premio. Parabéns!!!

E mil grazas a todas as demais persoas participantes!

Organizaron Biblioquendas e Dinamización Lingüística.
Colaboraron Edicións Fervenza e a Cafetaría do centro.



Ningún comentario:

Publicar un comentario