O presente documento reflicte e resume os temas e cuestións que foron tratados nas Xornadas de Tradición Oral da AELG que, un ano máis, tiveron lugar en Lugo, capital galega da tradición oral. Baixo o título Das regueifas ás músicas actuais, unha travesía polos mares da canción, esta actividade, que chegaba á súa décimo sexta edición, serviu para profundar nas diversas manifestacións da canción galega, tanto dende unha óptica máis conceptual que abordase este xénero, entendido como unha síntese orgánica entre palabra e música -as dúas expresións culturais que as persoas nos damos para relacionarnos co son- até as formas rituais populares (a festa ou a verbena) onde a canción e a música constitúen un elemento central.
Ningún comentario:
Publicar un comentario