31.10.18

As lembranzas perdidas no Lago Antelväri

Unha novela de misterio que quere profundar no comportamento humano.


As lembranzas perdidas no lago Äntelvari  de Xosé Duncan
Editorial Galaxia,2018
 As lembranzas son a equipaxe que imos reunindo ao 
longo das nosas vidas e a peaxe que entregamos cando cruzamos a derradeira porta. Nas beiras do lago Antelväri vive un vello que non quere lembrar, que desexa borrar as feridas infrinxidas polo percorrer dos anos. Porén, a vida é un río de augas revoltas, que nos empurra até a desembocadura da Morte. Ás veces, canto máis queremos fuxir, maís caemos no pozo dos nosos medos. Para o vello Olavi o final está marcado nas profundidades do lago, alí onde moran os seres de luz, onde a aurora boreal mergulla as súas brillantes cores até fundilas coa escuridade que vén de alén das estrelas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario