31.10.18

Chega o Samaín!

Acaba outubro e chega o Samaín!
Xa sabemos que os celtas, os nosos antepasados, usaban caveiras e , despois, nabos ata chegar as cabazas de hoxe para espantar os espíritus. 
Tamén colocaban dóces na entrada das súas casas para contentar aos espíritus que visitaran os seus fogares.(Velaí tedes a orixe do costume anglosaxón de Halloween).

Nós, defensores das tradicións montamos no noso recuncho de conmemoracións unha terrorífica selección de libros e películas nos que a morte (ou a non-morte) é a protagonista.
Se vos apetece follear algún ou queredes pasalo de medo léndoos ou vendo a película...non dubides en pasar pola biblioteca!! 
Arrepíos asegurados para esta longa fin de semana!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario