28.2.19

E Xoel aprendeu a voar

A realidade demostra que a vida é un voo no que debemos elixir entre caer por inercia ou bater as ás.
E Xoel aprendeu a voar  de Marica campo
Loqueleo 2017

Un rapaz de 13 anos, Xoel, que apenas ten vida fóra da PSP e da Rede. O misterio do Merlo Branco. Paco e Carme, uns pais demasiado atarefados. Eunice, a moza pola que suspira o noso protagonista. Fabio, Daniel e Sara, os seus compañeiros de andainas. Don Santiago, o avó que convive cos remorsos dunha gran mentira. Todos eles e algúns personaxes máis conseguen manternos en suspense desde o principio ata o final.
É a historia dunha trama contemporánea na que un neno individualista que só ten interese polas novas tecnoloxías aprende unha lección moral e educativa, a partir duns correos que lle envía unha persoa anónima ao ordenador. O noso protagonista descobre que o ordenador só é un medio e non un fin e que resulta unha ferramenta educativa se se fai un uso axeitado del. Xoel é un neno abúlico, que leva unha vida pasiva e sedentaria. Prefire mil veces estar diante do ordenador ca ir xogar cos amigos. Seus pais prevén a posibilidade de mandalo a un ximnasio, mais a Xoel parécelle innecesaria toda actividade que requira un mínimo esforzo. A súa vida cambiará dunha maneira progresiva na obra. O protagonista vivirá aventuras incribles cos seus amigos, que o levarán a descubrir lugares e segredos inesperados, grazas a unha persoa anónima que parece sabelo todo del. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario