1.3.19

O agasallo do encontro con Víctor F. Freixanes

O pasado 21 estivo co noso alumnado de Bacharelato Víctor F. Freixanes, presidente actual da RAG. As súas palabras  foron un verdadeiro agasallo para quen ama a literatura e un alento para os que gozan coa lectura.
Foi espléndido co seu tempo, coas súas palabras e co regalo que nos trouxo porque chegou con  catro exemplares firmados para a nosa biblioteca. 
Quedamos engaiolados coa súa personalidade boa e xenerosa. 
Daremos conta do relatado polo autor e as sensacións do alumnado ás mesmas nun futuro próximo; mentres, deixamos foto dos derradeiros momentos da sinatura que se realizou ao final do acto e   a proba do que contamos máis arriba.

Grazas, moitísimas grazas, señor Freixanes!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario