12.4.19

Paseniño, paseniño

Con esta obra , Antonio García Teijeiro volve achegar a infancia ás pegadas poéticas de Rosalía. Todos os poemas   parten dun diálogo con ela, coa súa lírica.


Paseniño, paseniño de Antonio García Teijeiro

Editorial Xerais 2018
Coa sutileza con que se desprazan as aves no aire, os poemas de Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, dialogan neste álbum coas excepcionais ilustracións de Marcos Viso. Ambos os dous seguen o rastro das pegadas que Rosalía de Castro deitou sobre as palabras, sobre a natureza e sobre o amor. Un traballo elegante e delicado, que destila emoción, evocación e coñecemento, e logra crear unha atmosfera abraiante, irrepetible. 
Contén un CD musical con poemas recitados polo autor

Ningún comentario:

Publicar un comentario