12.4.19

Poesía cromática

Desta edición, que se rematou de imprimir o Día das Letras Galegas de 2017,  interveñen o escritor Antonio García Teijeiro e o pintor Xulio García Rivas.
Imprimíronse 200 exemplares numerados e asinados polos autores. este noso é o 50/200.

Poesía cromática de 
Antonio García Teijeiro / Xulio García Rivas
Editorial Belagua 2017
40 láminas-poemas que a editorial Belagua recolleu neste volume que nos ofrece unha reprodución exacta do resultado do traballo dos dous artistas que decidiron trabalalr xuntos , de maneira que estamos diante de versos creados por iniciativa do poeta, pero tamén por suxerencia dos cadros do pintor, e viceversa.Láminas realizadas de maneira totalmente libre ou insinuadas pola forza da palabra. na que podemos detectar sen grandes problemas a forza da palabra escrita e maila suavidade do pincel, ou viceversa. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario