3.10.19

Cantigueiro de Cotobade, Antonio Fraguas  


Publicado por vez primera en 1985, coincidindo coa entrega do Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo, esta compilación iniciouna Antonio Fraguas nos seus tempos de estudante en Pontevedra. Nas súas propias palabras, este “traballo non é máis que unha contribución ao cancioneiro galego. As cantigas son vellas manifestacións dun mundo desaparecido, transformado […]. A cántiga ten a súa vida en toda Galicia, a terra onde, sen lugar a dúbidas, se cantou máis”. Oradaladou pon a música a trece cantigas recollidas noutros tantos lugares da comarca de Cotobade, terra natal de Antonio Fraguas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario