3.10.19

Santuario da Franqueira, Antonio Fraguas


Un interesante e breve relato que Antonio Fraguas recolleu das historias contadas por Dona Antonia Pérez Estraviz, veciña de Mondariz e que foi coma unha nai para o escritor de Cotobade. Antonio Fraguas, investigador do patrimonio inmaterial espiritual, outrora chamado folclore e etnógrafo de ideoloxía galeguista, homenaxeado este ano pola RAG, entre outros méritos por reivindicar “a memoria, a cultura e a lingua do pobo galego” destacou principalmente por poñer en valor a cultura espiritual campesiña. As festas e romarías populares, as cantigas, as crenzas e os costumes aparecen nos seus ensaios, recollendo en moitos dos seus escritos a esencia do mundo campesiño.


Ningún comentario:

Publicar un comentario