Miki abriu os ollos, apoiou as súas catro patas marróns e espreguizouse. Botou unha boa sesta despois de correr un anaco detrás dun rato no faiado. Agora tocaba erguerse para a súa actividade preferida. Miañou e, desde a súa cesta de vimbio, viu a Ramón baixar as escaleiras desde a galería da casa ata a cociña.
20.11.26
Fun pasar as vacacións á Aldea Vella, onde vive meu tío Felipe, e botei alí unha tempada. E paseino ben, moi ben, falando con xentes dos arredores que sabían quen eu era; deprendendo novos xogos; vendo cada día ferramentas e animais que denantes só vira nos libros…
E entre unha leria e outra, veña de chamarme “forasteiro”, con certa retrónica e con ese seu dicir tan chusco, tan pavero.
Nun mundo escindido entre a maxia e a tecnoloxía, feiticeiras e feiticeiros caciques gobernan co pretexto de salvagardar a xente do común dunha praga centenaria de robots asasinos. Non obstante, só as depositarias das pedras de poder, cinco mozas convertidas en superguerreiras, demostraron ser capaces de erradicar semellante ameaza. Malia que desapareceron sete anos atrás do fragor da batalla, deixando escapar o inimigo, será certo que agora están de volta? Arrasarán por fin cos robots? E o máis desconcertante de todo: que fai un robot disfrazado de vaqueiro?
O idealista anano de case dous metros, Cenoria, entra na Garda da Noite da cidade de Ankh-Morpork, a máis grandiosa do Mundodisco, para arrestar ladróns asasinos coa Lei na man, algo nunca antes visto. Os tres veteranos que integran esta garda escangallada e sen sentido son o capitán Vimes, o sarxento Colon e o cabo Nobbs.
A maldición de Hill House é a historia de catro persoas que chegan a unha mansión notoriamente hostil chamada Hill House. Trátase, por unha banda, do doutor Montague, un erudito do ocultismo que busca probas sólidas dun embruxo e, por outra banda, de tres persoas máis ás que recrutou para levar a cabo un experimento: a alegre Theodora, a fráxil Eleanor e o futuro herdeiro da casa, Luke. Nun primeiro momento, a súa estadía parece destinada a ser só un encontro arrepiante con fenómenos inexplicábeis. Pero Hill House está reunindo os seus poderes e pronto escollerá un deles para o facer seu.
O gasumelo é negro / como a psicose occidental do novo século / ausente de alteridade / Gasumelo combustión / pistóns présa e desaforo / ouro mesto do planeta / motores contra reló / É tamén morte do mar / naufraxio da verdade acantilada / precipitada ao baleiro da lembranza / Gasumelo en plenilunio / lucen os gumes dos cons / atlánticos / intoxicados / Líquido que move o mundo / barrallete de afiador / Gasumelo plutocracia diplomacia e invasión / constructoras destructoras infamia e depredación / neste globo azul tan lindo pero tan cheo de túzaros / Doce suicidio implacable / Matar e morrer por el
19.11.26
17.11.26
11:58
Música Na Lama
actividades, audiovisual, Música, obradoiro, radio
Comenta
Velaquí unha mostra das actividades desta biblioteca escolar en colaboración cos departamentos de Debuxo e Música e en coordinación coa vicedirección do centro:
- A pé de terra: obradoiro arredor da emigración e as lembranzas musicais con Silvia García para alumnado de Expresión Artística, Música e Debuxo Técnico de 4º ESO e 1º BAC.
- Descensos: encontro do alumnado de Música de 4º ESO cos autores da curtametraxe e mostra de aparellos de gravación de imaxe e son dos anos '70.
- Emilio Villalba e Sara Marina: encontro virtual do alumnado de Hª da Música e a Danza de 2º BAC con estes intérpretes de músicas antigas.
- Asier de Benito: encontro virtual do alumnado de Hª da Música e a Danza de 2º BAC con este violeiro de instrumentos antigos.
Seguimos!!!
















