28.2.18

Na Idade Media, os trobadores espallaban  por Galicia adiante as súas cantigas e a súa música , moitas das veces, a través dos xograres que animaban os festexos  da época. Nas terras do Asma tamén tivemos poetas dos que, o alumnado de bacharelato, lerá algunha das súas composicións o vindeiro xoves , durante o recreo.
Na biblioteca  podedes gozar deste recital.



27.2.18

CONAN 4 de ROBERT E. HOWARD Fantasía-Urco. (2011)

Eis o cuarto volume da mítica historia de Conan de Cimmeria, onde, logo das máis variadas e perigosas aventuras como ladrón, soldado, pirata e un milleiro máis de profesións, chega a se converter en monarca dun reino civilizado.
Levado despois á banda deseñada e máis tarde ao cinema, Conan representa o estado esencial da humanidade, salvaxe e libre, fronte aos enganos da civilización. Neste volume preséntanse catro historias deste personaxe, continuando a cronoloxía interna da obra que comezamos no primeiro tomo desta colección.
Contidos:
Cravos vermellos
As xoias de Gwahlur
O fénix na espada
A cidadela escarlata

26.2.18


O recuncho da nosa biblioteca está ocupado por libros de temática medieval xa que se está a celebrar no instituto a Quincena da lírica Galego-Portuguesa. 
Aquí atoparemos  cantigas, historias, narracións que nos transportarán dende o S.XXI á Idade Media  sen necesidade doutro medio de transporte que non sexan as lecturas.
Se queres disfrutalas , achégate á Biblioteca!


23.2.18

Bakuman, 9 de Tsugumi Ohba, Takeshi Obata. Norma editorial.
LOS AUTORES DE DEATH NOTE SIGUEN DESVELÁNDONOS LOS ENTRESIJOS DEL MUNDO DEL MANGA. 

Todos saben que publicar en la Shonen Jump es muy difícil, pero mantenerse… ¡ese es el verdadero reto! Saiko y Shujin siguen las directrices de Miura, su nuevo editor, pese a que lo suyo no es el manga de humor. Pero Saiko está cada vez más tenso porque cree que no siguen el camino correcto…(normaeditorial.com)

22.2.18

CONAN 3 de ROBERT E. HOWARD Fantasía-Urco. (2010)

Velaquí o terceiro volume da historia de Conan, guerreiro da fría Cimmeria nacido nun campo de batalla, que marcha da súa terra natal aos reinos civilizados na procura de fortuna, fama e gloria.

21.2.18


22 segundos de Eva Mejuto. Fora de xogo-Xerais. (2017)

O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase."Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou non quererá comprender– nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas... E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son."Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede. "22 segundos" relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe –sen poñerlle etiquetas– que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis –e a sociedade– deixen de consideralas enfermas. (xerais.gal)

20.2.18

CONAN 2 de ROBERT E. HOWARD Fantasía-Urco. (2010)

Continúa a historia mítica de Conan o Bárbaro con catro das máis sonadas historias orixinais de Robert E. Howard.
Levado despois á banda deseñada e máis tarde ao cinema, Conan representa o estado esencial da humanidade, salvaxe e libre, fronte aos enganos da civilización. Neste volume preséntanse catro historias deste personaxe, continuando a cronoloxía interna da obra que comezamos co primeiro volume desta colección

19.2.18

El chico de la flecha de Espido Freire. Anaya.(2016)

"Tenemos que conocer el pasado para entender nuestro presente" es una frase muy repetida con la que muchas personas estamos de acuerdo. Y nuestro pasado es romano, hablamos lenguas románicas... luego sería muy interesante conocer costumbres, tradiciones, historias de épocas antiguas como esta que le ocurre a Marco, un chico que vive en el siglo I d.C. en lo que hoy es Mérida. Es una historia muy bien narrada, sencilla y clara. Una narración durante la que Marco va aprendiendo cómo actuar, cómo analizar para tomar las mejores decisiones a lo largo de su vida.
la maestía de Espido Freire hace que disfrutemos con una novela ambientada en la época romana haciendonos ver los pros y los contras de aquellas circunstancias.
Una buena novela histórica de aprendizaje.

16.2.18

CONAN 1 de ROBERT E. HOWARD. FANTASÍA - Urco.(2010)

Aquí comeza a historia mítica de Conan de Cimmeria, pirata, ladrón, soldado de fortuna e unha infinidade de profesións máis.
Levado despois á banda deseñada e máis tarde ao cinema, Conan representa o estado esencial da humanidade, salvaxe e libre, fronte aos enganos da civilización. Neste volume preséntanse as primeiras cinco historias deste personaxe, segundo a cronoloxía interna da obra, e mais un ensaio sobre o seu mundo, a mítica era hyboriana.

15.2.18



As cousas que non queremos oír de María Reimóndez. Narrativa-Xerais. (2017) 


A Aurora gústalle correr. Se cadra é por iso que foxe con facilidade de tomar decisións e busca acubillo no sarcasmo contido. Dende que por fin puido regresar da Vilalba dos seus pais á Barcelona da súa infancia, o peso da orixe abre nela fendas que non sabe como xestionar. A proxección de si mesma na cidade, o rexeitamento e a vergoña, fan que por veces esqueza que foi en Vilalba, ese lugar que tanto detesta, onde coñeceu unha das persoas máis importantes da súa vida: a súa amiga Saínza. Dende a súa liña de saída torta, Aurora busca seguir correndo cara adiante sen matinar no percorrido, concentrada no seu traballo como xornalista de deportes e nos espazos dunha vida na que todo, en aparencia, está dentro do agardado. "As cousas que non queremos oír" explora o alleamento, os límites do corpo e a enfermidade, os afectos e a busca das certezas cando o mundo enteiro se esfarela. Porque de cando en vez a vida nos interroga sen que poidamos atopar respostas definitivas, máis que a forza de afondar na nosa propia debilidade para renacer.Nesta nova entrega do "Ciclo dos elementos", Reimóndez entrecruza os fíos das protagonistas de entregas anteriores cos de Aurora para continuar creando un universo literario único no que as lectoras son quen de compoñer tamén a historia a partir de cada unha das novelas independentes. Despois de "En vías de extinción", "A música dos seres vivos" e "Dende o conflito", "As cousas que non queremos oír" transita unha nova forma de enfrontarse á migración e o desprazamento e traza novas interaccións e perspectivas das personaxes xa coñecidas, como Gaia, MK ou Saínza Combarro.

9.2.18

No soy un monstruo de Carme Chaparro. Espasa. (2017)
Si hay algo peor que una pesadilla es que esa pesadilla se repita. Y entre nuestros peores sueños, los de todos, pocos producen más angustia que un niño desaparezca sin dejar rastro.


Eso es precisamente lo que ocurre al principio de esta novela: en un centro comercial, en medio del bullicio de una tarde de compras, un depredador acecha, eligiendo la presa que está a punto de arrebatar. Esas pocas líneas, esos minutos de espera, serán los últimos instantes de paz para los protagonistas de una historia a la que los calificativos comunes, «trepidante», «imposible de soltar», «sorprendente», le quedan cortos, muy cortos.

Porque lo que hace Carme Chaparro en No soy un monstruo, su primera novela, es llevar al límite a sus personajes y a sus lectores. Y ni ellos ni nosotros saldremos indemnes de esta prueba. Compruébenlo. (planetadelibros.com)

8.2.18

Nun dos días máis fríos do inverno, cando parecía imposible a súa chegada ao centro, a neve non puido impedir que Manuel Rivas partillara con nós un anaco do seu tempo. Subiu a escaleira da porta principal do instituto cunha viseira mariñeira pola que asomaba un fermoso cabelo cano, que, en perfecta combinación coa barba de prata e a mirada azul, parecía traer consigo o tempo calmo e as profundidades do Atlántico coma se se tratase dun lobo de mar sabio e experimentado. O abrigo negro e a chorima na man completaban o atuendo do poeta, escritor e xornalista.
Chegou sen présa, e coa dozura da súa voz foinos envolvendo nas "Orixes da escrita". A súa primeira escola, na que , sentado nunha maleta, escoitou por primeira vez ler á súa irmá. Entusiasmado coa sorpresa, quixo sacar un libro da súa carteira de plático, pero atopouna baleira. Anos despois, un mestre que falaba castelán ( non podía ser doutra maneira) quixo desterrar dos nenos dun barrio da Coruña, o fonema da Gheada facéndolles repetir "Los pájaros de Guadalajara tienen la garganta llena de trigo". Rivas recitou o poema "Fonema" ilustrando a traxedia de tantos nenos que non podían pronunciar o "g" e o "j" do castelán. Falounos da beleza da flor do toxo, e de como o demo, envexoso de vela tan fermosa, lle puxo espiñas; comentounos que a súa nai vendía leite na Coruña; que un avó era albanel  e contaba moitas historias; doutro avó silencioso que sempre dicía "boh" en distintas tonalidades, coma se tivese unha escala musical. Nós, iamos entendendo as orixes da súa escrita, a esencia que fai de Rivas quen é dentro do panorama da Literatura, así con maiúsculas.
Un alumno, preguntoulle "Que é para ti a poesía?" Rivas falou de espirais, dos círculos concéntricos dos nosos ancestros celtas, para el a poesía é o círculo máis pequeno, o que  indaga nese ser estrano que é o ser humano.
Finalmente, dedicounos os seus libros, tamén sen présa, facendo debuxos , escribindo coidadosamente unha mensaxe persoanalizada que nos fixo sentir destinatarios especiais da súa obra.
Cando marchou, esa luz especial do tempo da neve, deixaba os nosos prados máis verdes que nunca e un pouco de dozura e humanidade que permanece como a  súa obra. Permanece.







Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros de Marilar Aleixandre. Costa Oeste-Galaxia. (2017)

Era unha vez o xefe dunha banda de corenta ladróns É un home bo que se chamaba Alí Babá. E unha cova chea de tesouros que abría cando alguén dicía: “Ábrete, sésamo!” Todos coñecemos a historia. Mais, o que ás veces se esquece é que a verdadeira protagonista é Morxiana, unha muller afouta que lle vai dar a volta ao mundo, e á historia tradicional, e vai salvar a súa familia e a vila toda. E, sobre todo, vai loitar contra os usureiros e os ditadores, e todos os que fan a fortuna erguéndose sobre os cadáveres dos máis febles e desafiuzados da historia. Marilar Aleixandre cóntanos o conto de sempre mais non coma sempre. Como Morxiana, rebelándose contra o mundo e as relacións de xénero e de dominación. Empoderándose. Muller de seu.(editorialgalaxia.gal)

6.2.18

Na biblioteca estámoslle adicando a semana do 5 ao 9 de febreiro a  Manuel Rivas, que ,como xa vos dixemos, realizará unha visita ao noso centro o día 7 de febreiro para ter  un encontro co alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.
Se aínda non coñeces a obra deste autor podes achegarte ata a biblioteca e somerxerte nalgún dos seus libros.

5.2.18

No Lama das Quendas sempre defendemos que o encontro do noso alumnado on autores/as ten múltiples beneficios para a saúde lectora e as ansias de escribir, así que esta semana tamén temos escritor.
O próximo mércores, 7 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato terá ocasión de escoitar as palabras de  Manuel Rivas.
Este narrador, poeta, periodista... chega ao noso centro grazas ao Ministerio de Educación e Cultura, tralas xestións do Departamento de Lingua Galega e coa colaboración , sempre, desta Biblioteca. Falará da escrita, leralles poemas, contestará as súas preguntas e asinará os exemplares que lle acheguen.
Será outra xornada literaria interesante!

2.2.18

Xenia, no me toques los wasaps de Gemma Pasqual i Escrivá. Anaya. (2017)
Xenia, la protagonista, es una joven que ha sufrido bastante en su vida. Sus enamoramientos tampoco parecen conducirla a la felicidad. Es una chica con la cabeza muy bien amueblada que sabe cuando debe decir ¡No! acabar una relación porque hay cosas por las que nadie puede pasar. Nadie puede controlarnos disfrazando esa posesión bajo el nombre de amor.
Ciberacoso, amistad, amor y wasaps pululan por esta novela que tiene además fragmentos de canciones y recomendaciones interesantes.



1.2.18



Este libro contiene la mayor concentración de niños raros por página: Niño alga, Niña búho, Niña cacto, Niño díscolo, Niña de espuma, Niño frío, Niña de humo, Niño inverso, Niña jirafa, Niño koala, Niña con forma de laberinto, Niña maleta, Niño sin niño, Niño con rabo de eñe, Niño pingüino, Niño queso, Niña sombra, Niño tren, Niña urgente, Niña de alto vuelo, Niña yunque con su martillo y Niño zancudo.


Raúl Vacas y Tomás Hijo nos los presentan uno a uno, con todas sus peculiaridades y lo hacen de una manera muy poética, que combina a la perfección el texto con las ilustraciones.



Jugando con las palabras, el autor compone un tautograma, versos de cabo roto, un ovillejo, juega con las palabras esdrújulas, escribe un romance, rima con números, se atreve con un rap, rememora la cuaderna vía, apunta una canción, nos enseña cómo es un limerick, nos desafía con un trabalenguas y despliega un sinfín de recursos poéticos que harán la delicia de grandes y pequeños, sean aficionados a la poesía o no. (es.literaturasm.com)

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2024

Letras galegas 2024
Luísa Villalta

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

25N (3) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (22) Actividades na biblioteca (4) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (2) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (5) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (119) banda deseñada castelán (5) banda deseñada galego (18) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (28) biografias (1) biografías (11) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (10) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (1) Ciencia (18) Ciencia ficción (43) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (5) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (35) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (29) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (1) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (9) día das letras galegas (20) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (47) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (1) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (6) DVD (7) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (4) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (34) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (3) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (4) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (3) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (8) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (24) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (3) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (6) historia universal (2) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (10) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (29) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) Magosto (2) Manga (51) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (14) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (39) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (25) música das esferas (1) música popular urbana (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (88) narrativa francés (1) narrativa galego (85) narrativa inglés (7) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (17) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (316) poesía castelán (6) poesía galego (27) Policíaco (40) Portugués (10) Prehistoria (2) Premios (7) protocolo (2) psicoloxía (2) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (12) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (3) Relixión (7) Reportaxe (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (2) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (25) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (2) teatro escolar (1) teatro galego (17) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (5) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (4)