29.3.19

Outro dos libros galardoados co Premio Gala do Libro Galego (Iniciativa Bibliográfica), 2018
Historia do ADN

40 anos de revolución biotecnolóxica
de Daniel Soutullo 
Editorial Xerais 2016

Este libro trata sobre os principais acontecementos na historia do ADN, desde o seu descubrimento, no século XIX, até as investigacións máis recentes, nos albores do XXI. Tamén aborda a revolución biotecnolóxica desencadeada polo coñecemento da súa estrutura e pola capacidade de manipulalo case a vontade a partir dos anos setenta do século XX. Estes acontecementos, de grande importancia científica e social, están influíndo, e influirán moito máis no futuro, na vida e na saúde das persoas. O libro, escrito nun estilo claro e ameno, diríxese a un público amplo, sen necesidade de coñecementos previos de xenética, mais con curiosidade por achegarse a ela con rigor, fuxindo de simplificacións que poidan empobrecer a comprensión do seu significado.

28.3.19

Premio Gala do Libro Galego (Iniciativa Bibliográfica), 2018
O universo matemático
Das ideas e das técnicas
Antom Labranha

Editorial Xerais 2017

Este libro desenvolve un amplo abano de contidos matemáticos seleccionados a partir daqueles que conforman os currículos do bacharelato, intentando poñer de manifesto cales son os seus fundamentos, o porqué da súa pertinencia, que rol desempeñan na ciencia e na cultura, que procesos conduciron á súa creación e como evolucionaron.Adóptase unha perspectiva construtiva e contextualizada, cun teor narrativo: a carreira de Aquiles e a tartaruga, o voo de Ícaro, o enigmático número pi, un enredo na compra de entradas, apostas nunha lancha de Marín, á procura dos átomos, anelando paxaros, as ondas sonoras, paseando por Monforte, chegarmos á simplicidade a través da complexidade, doazón de órganos, no niño do paxaro carboeiro, matriculando coches...

27.3.19

Libro que acadou os seguintes premios: Premio Gala do Libro Galego (Divulgación), 2018 - Premio Gala do Libro Galego (Iniciativa Bibliográfica), 2018 - Mención hororífica do XXIX Premio Prismas Casa das Ciencias á Divulgación.
Terra
Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo
de Xurxo Mariño
Editorial Xerais 2017

 Este é un libro de viaxes convertido nunha aventura de divulgación científica, o relato dun periplo de once meses arredor do planeta Terra no que se mesturan as anécdotas que van xurdindo ao longo das distintas etapas coas descricións da ciencia que hai detrás dos espectáculos que a natureza lles vai amosando aos viaxeiros: illas volcánicas en plena formación, desertos aos que non se lles albisca a fin, termiteiros xigantes, glaciares de cor azul que roxen coma monstros, raposos voadores e quilómetros, moitos quilómetros de percorrido polo mar, o aire e os revirados camiños dun planeta observado cos ollos atentos e cheos de curiosidade de Xurxo Mariño. Como indica o escritor Xavier Queipo no limiar, «cada capítulo, cada etapa, cada anécdota é unha porta aberta aos sentidos e ao coñecemento, unha incitación á observación da natureza e, en particular, á natureza humana coma se se tratase dunha introdución á historia natural e de etnografía comparada».

26.3.19

As Matemáticas, o mesmo que as demais ciencias teñen a súa propia linguaxe.
Mate-glifos
Orixe e evolución dos símbolos en Matemáticas
de Nicanor Alonso/ Miguel Mirás
Editorial Xerais 2019

 Cunha linguaxe accesible a todos os públicos, este libro percorre a historia das matemáticas a través dos seus símbolos, dende os glifos dos xeroglíficos exipcios ata a sofisticada notación actual. Permitiranos coñecer historias e anécdotas relacionadas coas matemáticas e coas persoas que realizaron as diferentes propostas. Saberemos, por exemplo, a razón do uso da letra «x» para indicar o descoñecido, descubriremos cal é o mellor método para empaquetar esferas ou sorprenderémonos coa utilidade do número «e» para buscar a parella ideal. E tamén teremos a oportunidade de resolver crebacabezas, enigmas e pasatempos que, sen dúbida, espertarán a nosa curiosidade matemática.

25.3.19

É posíbel viaxar no tempo? Podemos ordenar absolutamente todo o que observamos nun pasado, presente e futuro?
Introdución ás relatividades de Einstein  de Ramón Vilalta López
Editorial Xerais 2018

 En ciencia, empregamos teorías e modelos para explicar os feitos observados e as leis científicas que obtemos da experimentación. No libro preséntanse, evitando os formalismos matemáticos propios, os modelos que, ao longo da historia, construímos como resposta á ampliación das nosas escalas de observación, así como diversos feitos que requirían explicación. Einstein tivo un papel protagonista nas dúas últimas teorías; a que hoxe coñecemos como «relatividade restrinxida» ten condicións de uso concretas e el mesmo, unha década máis tarde, ampliou o marco cunha teoría xeral. Atendendo a certos requirimentos (aquí xógase coa idea da vaca esférica'), podemos empregar un modelo ou outro máis afinado; pero é evidente que estas relatividades supoñen un fondo cambio na nosa comprensión de conceptos básicos como, por exemplo, «o fluír do tempo». A relatividade xeral explica, ademais, como funciona a gravitación e, sen esquecer o cuántico, é base da Cosmoloxía moderna e inicio da que podería ser, no futuro, unha nova teoría (gravidade cuántica, supercordas?).

21.3.19

O pasado venres,15 de marzo , chegou ao noso centro, da man da Editorial Anaya o escritor ( aínda que a el lle dé vergoña chamarse así) Pedro Mañas.
Era o encontro  que poñía fin á tempada de reunións con lectores tras 18 sesións anteriores e foi fantástico.
O alumnado quedou gratamente impresionado e marabillado. Para que o comprobedes e xulguedes vós mesmos ,copiarei algunhas das reflexións que voluntariamente fixeron rapazas e rapaces de 1º de ESO.

Laurar Rey Eiriz di «A visita de Pedro Mañas pareceume moi interesante porque , ademais de explicarnos curiosidades sobre a súa maneira de escribir, os seus libros , como era o traballo dos ilustradores... tamén nos aportou información sobre a súa vida cando era da nosa idade, cando era máis pequeno ca nós e cando era xa un adulto. É de destacar a súa simpatía e naturalidade á hora de falar en público a pesar do seu vello medo a falar diante de centos de nenos (que hoxe ten superado). Encantoume a visita ».

Brais Cuñarro Fernández conta que « como gran escritor de literatura infantil e xuvenil , a presenza deste autor no meu instituto chamoume moito a atención xa que  pensaba que sería unha persoa inaccesible, pero ao coñecelo e escoitalo foi toda unha gran sorpresa pois foi cercano , amable e un máis entre nós. Gustoume o seu libro pero telo diante foi algo incrible».
María Enríquez Díaz comeza contando que Pedro Mañas falou dos seus libros, de como era o seu traballo e  como chegou a ser escritor, os premios recibidos... e continúa aportando datos «  falounos de que a súa axudante é a súa irmá Irene que foi quen lle preparou a presentación dixital que nos amosou. Pareceume unha persoa simpática, amable e con grandes habilidades para facer sorrir aos demais.Eu imaxinábao maior, de 50 anos ou así,baixiño e de pelo branco. Todo o contrario do que é. Crin que só iba a explicar partes do libro pero levei unha sorpresa ao escoitalo».

Claudia Salgado Negral sinala que «durante a súa visita , Pedro Mañas, foinos contando a súa traxectoria profesional como escritor dunha maneira moi divertida e amena. Posteriormente puidemos preguntar todas as nosas dúbidas sobre Apestoso tío Muffin  e o seu traballo como autor. Finalmente organizouse a sinatura dos libros dos presentes ».

Uxía Fernández Méndez escribe que  Pedro Mañas « explicou a historia dos personaxes dalgúns libros seus, os concursos que gañou... Dende pequeno gústalle ler e escribir por iso comezou con pequenas narracións ata o día de hoxe.É moi agradable, anima a que a xente faga o que lle gusta e recomenda ler. Co pouco tempo do que dispoñía aínda sacou para que lle fixeramos preguntas e asinar libros.»

Alba López Saa destaca que a conferencia lle pareceu «interesante porque nos explicou como realiza o seu traballo, as manías que ten á hora de escribir...O sentido do humor co que fixo a  súa presentación a min convenceume de que escribir é a súa paixón» .

Como nos alegramos de que desfrutaran tanto! 
Quen sabe se un día será calquera destes alumnos quen realice un encontro co alumnado do IES Lama das Quendas do futuro para animalos a ler e escribir! Oxalá!!
Hoxe é o Día da Árbore e da Poesía.Cremos que as dúas son necesarias para unha mellor calidade de vida. A vida sen árbores e sen poesía non sería a mesma.
No noso recuncho de conmemoracións temos libros de árbores e poesías cos que poder pasar un bo anaco.

Que gocedes coas palabras de Rabindranath Tagore e vos  axuden a pensar sobre a importancia de ambas:
 
 
                         Viajero, escucha:


Yo soy la tabla de tu cuna, la madera de tu barca,
la superficie de tu mesa, la puerta de tu casa.


Yo soy el mango de tu herramienta,
  el bastón de tu vejez.


Yo soy el fruto que te regala y te nutre,
la sombra bienhechora que te cobija
contra los ardores del estío,
el refugio amable de los pájaros
que alegraron con sus cantos tus horas
y limpian de insectos tus campos.


Yo soy la hermosura del paisaje,
  el encanto de la huerta,
la señal de la montaña,
el lindero del camino...


Yo soy la leña que te calienta
en los días de invierno,
el perfume que te regala
y embalsama el aire a todas horas,
la salud de tu cuerpo
y la alegría de tu alma.


Por todo esto, viajero que me contemplas,
tú que me plantaste con tu mano
y puedes llamarme hijo,
o que me has contemplado tantas veces,
mírame bien, pero...
No me hagas daño.


Se queres podes achegarte á biblioteca para vestir a nosa árbore con follas de poemas.Estar en contacto coa natureza e a literatura , farános ben... 

20.3.19

En ningún momento de la novela se puede leer que las redes sociales sean malas, dañinas o que hay que restringir su uso, pero durante la lectura entendemos que hay que aprender a usarlas.
Desconocidos  de David Lozano
Premio Edebé Literatura Juvenil 2018
Dos historias que se cruzan en una madrugada  a través de las redes. Dos jóvenes que se entregan a un misterioso juego: compartir todos sus sueños, ilusiones y temores a través de las redes sociales, pero no su identidad. Pronto darán el siguiente paso: una cita a ciegas.Al fin se verán en persona.
Sin embargo, encontrarse con un desconocido siempre entraña riesgos. Porque todos ocultamos secretos…
La noche del encuentro, aparece el  cuerpo de un muchacho, desfigurado por la violencia de lo que parece  una caída. Una vida joven arruinada para siempre, una muerte que suscita más preguntas que respuestas.¿Qué tiene que ver con la protagonista de la historia? Lee la novela para descubrirlo.

18.3.19

Nove anos despois, Domingo Villar regresa con O último barco , terceira entrega das aventuras do inspector Leo caldas.

O último barco  de Domingo Villar
Editorial Galaxia 2019
A filla do doutor Andrade vive nunha casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as mariscadoras pescudan na area, os mariñeiros botan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo. Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a un xantar coa familia na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e Oficios. E, aínda que nada pareza alterado na casa nin na vida de Mónica Andrade, Leo Caldas axiña ha comprobar que na vida, coma no mar, a máis apracible das superficies pode agochar un fondo escuro de correntes devastadoras.


Dende a Biblioteca do IES Lama das Quendas presentamos un proxecto que necesita da colaboración da comunidade educativa do centro.
Trátase de suxerir frases poéticas de autoría propia ou allea para escribir nos pasos de peóns que hai fronte ao edificio do I.E.S. coa intención de conmemorar o Día Internacional do Libro que se celebrará o 23 de abril de 2019.
Calquera persoa pode facer a súa proposta escribíndoa no folio destinado ao efecto no taboleiro da entrada do instituto. Ademais , deberá rexistrar o seu nome e o do autor/a da cita no caso de que sexa “copiada”.
Deben ser frases breves, por cuestión do espazo, relacionadas co libro e a lectura.
Tedes de prazo ata o 6 de abril de 2019 para facer as vosas achegas.
Tras facer a escolla, as dúas máis suxestivas, coa colaboración do Concello de Chantada, serán as que queden gravadas na rúa.
Quen as propoña terá un agasallo de recoñecemento.
Agardamos as vosas propostas!!!

14.3.19

Harry Potter y las reliquias de la muerte (2ª parte) es una película de fantasía y drama dirigida por David Yates.Es la segunda de las dos basadas en la novela homónima escrita por J. K. Rowling. Es el octavo y  último film de la saga de filmes de Harry Potter.
Harry Potter y las reliquias de la muerte Parte 2 de David Yates

Editorial Galaxia . 2011

El final ha llegado. Harry, Hermione y Ron tendrán que recuperar la espada de Gryffindor para encontrar y destruir los últimos horrocruxes. Mientras tanto, Lord Voldemort está a punto de apoderarse por completo de Hogwarts y de conseguir su objetivo: matar a Harry Potter. La única esperanza de Harry es encontrar los horrocruxes antes de que Voldemort lo encuentre a él.
A punto de perderlo todo, Harry descubre un trío de objetos mágicos que le otorga grandes poderes para enfrentarse a los conocimientos de su imbatible rival Voldemort.
Podéis ver aquí el tráiler oficial.

13.3.19

Historias contadas cunha forza e unha prosa arrebatadora e vigorosa que nos leva de Vilanova de Alba á pousada do Pasamundos, do Vigo da posguerra ata a Venezuela dos anos oitenta, onde se recompón a historia e onde se cruzan os destinos.

Cabalo de ouros de Víctor F. Freixanes

Editorial Galaxia . 2011

O mundo de Vilanova de Alba, espello e metáfora dun tempo non tan distante, volve á literatura de Freixanes coa intensidade das lembranzas que nos sobreviven.
Unha partida de cartas. Unha historia de amor. A música da memoria recuperada nos vellos cantares da tradición oral. Na Galicia da posguerra, nos anos duros do wolfram, nun lugar apartado das serras, dous bandos enfróntanse nun envite de naipes que dura tres días e tres noites, e no que xogan a vida.

11.3.19

Un clásico da narrativa galega contemporánea, unha das creacións máis singulares da novelística das últimas décadas.

O triángulo inscrito na circunferencia de Víctor F. Freixanes

Editorial Galaxia . 1987

A epopea, verdadeira e fantástica, dos vellos navegantes galegos. Unha ambiciosa metáfora que pretende explicar algúns dos momentos máis transcendentais de Galicia e a súa historia que conseguiu os eloxios unánimes da crítica e vén de ser revisada polo autor e reeditada por Galaxia.
Con esta obra , o actual presidente da RAG inaugurou unha triloxía que logo completaría con A cidade dos Césares e Cabalo de Ouros que teñen en común o espazo imaxinario de Vilanova de Alba, unha ensoñación literaria  detrás da que está a propia Galicia.

8.3.19

Tres mulleres recolleron os correspondentes premios cos que foron galardonadas no  Concurso de Cartas de Amor e Poesía convocado polo Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingúistica do IES Lama das Quendas con  motivo do Día dos namorados.
En opinión do xurado ,que escolleo entre máis de trinta traballos presentados, as mellores composicións foron as cartas de Beatriz Rodríguez Carnero, María Enríquez Díaz e Gabriela Areán Fernández que poderedes ler na revista do Equipo de Dinamización Lingüística cando se publique.

O 1º Premio conseguido por Beatriz Rodríguez Carnero  consistiu nunha bolsa, axenda, libro, marcapáxinas  e taza con foto.
O 2º foi para María Enríquez Díaz que recibiu unha bolsa, axenda, libro,  marcapáxinas e vale por unha consumición de bebida e bocadillo para dúas persoas na Cafetería do centro.
O 3º premio outorgóuselle a Gabriela Areán Fernández que foi agasallada cunha bolsa, axenda, libro e marcapáxinas.

 No acto, no que as premiadas contaron co apoio e presenza de moitos compañeiros/as ,  estivo presente o Director do centro que fixo entrega dos regalos acompañado do coordinador do Equipo de Normalización Lingüística  e a coordinadora da Biblioteca
Agradecemos a participación de todas as persoas , animámolas a que colaboren nas diferentes actividades/ concursos que se programan e dámoslles o nosos parabéns ás premiadas!!
Seguide escibindo!!

1.3.19

O pasado 21 estivo co noso alumnado de Bacharelato Víctor F. Freixanes, presidente actual da RAG. As súas palabras  foron un verdadeiro agasallo para quen ama a literatura e un alento para os que gozan coa lectura.
Foi espléndido co seu tempo, coas súas palabras e co regalo que nos trouxo porque chegou con  catro exemplares firmados para a nosa biblioteca. 
Quedamos engaiolados coa súa personalidade boa e xenerosa. 
Daremos conta do relatado polo autor e as sensacións do alumnado ás mesmas nun futuro próximo; mentres, deixamos foto dos derradeiros momentos da sinatura que se realizou ao final do acto e   a proba do que contamos máis arriba.

Grazas, moitísimas grazas, señor Freixanes!!



Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2024

Letras galegas 2024
Luísa Villalta

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

25N (3) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (22) Actividades na biblioteca (4) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (2) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (5) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (119) banda deseñada castelán (5) banda deseñada galego (18) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (28) biografias (1) biografías (11) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (10) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (1) Ciencia (18) Ciencia ficción (43) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (5) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (35) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (29) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (1) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (9) día das letras galegas (20) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (47) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (1) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (6) DVD (7) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (4) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (34) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (3) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (4) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (3) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (8) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (24) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (3) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (6) historia universal (2) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (10) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (29) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) Magosto (2) Manga (51) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (14) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (39) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (25) música das esferas (1) música popular urbana (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (88) narrativa francés (1) narrativa galego (85) narrativa inglés (7) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (17) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (316) poesía castelán (6) poesía galego (27) Policíaco (40) Portugués (10) Prehistoria (2) Premios (6) protocolo (2) psicoloxía (2) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (12) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (3) Relixión (7) Reportaxe (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (2) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (25) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (2) teatro escolar (1) teatro galego (17) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (4) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (4)