30.4.19

Rematamos o mes do libro con outra actividade programada polo equipo da biblioteca. Nesta, primeiro precisamos as suxestións da comunidade educativa, e despois, a colaboración do Concello de Chantada para pintar as frases nos pasos de peóns da rúa do escritor Uxío Novoneyra que transcorre por diante do noso centro.
Se tiveramos que suspender a actuación a semana pasada por mor do mal tempo, hoxe , a iso das 11:00h cando o sol quentaba con intensidade, un equipo de traballadores do concello e o noso director puxéronse mans á obra para que quedasen gravadas , polo tempo que dure a pintura, as mensaxes relacionadas cos libros e a lectura.
Quen as viu quedou agradablemente sorprendido.
Quixemos que a afección polos libros e a lectura saia do centro, chegue ás rúas de Chantada e  , oxalá, flúa por elas de punta a cabo entrando nos nosos fogares.
Grazas a todas as persoas que dun xeito ou doutro se implicaron e colaboraron con nós para facer realidade este proxecto.

 











Un libro que nos permitirá resolver cualquier problema de automatización de un proceso con Arduino en cualquiera de las áreas de la ingeniería.
Arduino. Aplicaciones en robótica, mecatrónica  e ingeniería de Fernando Reyes Cortes y Jaime Cid Monjaraz
Editorial Alfaomega 2015

En la primera parte de esta obra se hace una presentación completa del sistema Arduino, la cual incluye la instalación y puesta a punto del sistema, así como la descripción de la plataforma electrónica del mismo. En la segunda parte se describen las librerías y funciones de Arduino y se presenta el lenguaje C específico para este sistema. Finalmente en la última parte de esta obra se abordan diversas aplicaciones del sistema Arduino en ciencias exactas e ingenierías, en particular se tratan temas como servos, comunicación y enlace con MATLAB, algoritmos de control, comunicación Bluetooth, Ethernet, manejo de interrupciones, WiFi y LabVIEW. Aprenda La forma en que se instala, configura y utiliza el sistema Arduino. Conozca El potencial de aplicaciones del sistema Arduino en mecatrónica, robótica, electrónica, eléctrica, automatización, informática, industrial, computación y sistemas. Desarrolle Sus propias aplicaciones de automatización de procesos, a partir de la metodología utilizada en los ejemplos expuestos.
La electrónica práctica es divertida; disfruta aprendiéndola de manera fácil y sencilla de la mano de Arduino y este libro.
Arduino para jóvenes y no tan jóvenes de Joan Ribas Lequerica
Editorial Anaya 2015

 Escrito de manera sencilla, en sus páginas no sólo encontraremos información sobre Arduino, sino que recorreremos un camino de aprendizaje desde los fundamentos de la electrónica hasta la realización de prototipos de circuitos electrónicos y su aplicación en el mundo real; desde cero hasta crear nuestros propios prototipos.Se trata de un libro particularmente práctico, pensado para jovenes sin conocimientos previos de electrónica ni programación, donde disfrutarán de multitud de ejemplos de circuitos y códigos para ir conociendo tanto elementos electrónicos como su funcionamiento con la tarjeta Arduino y la interacción con el mundo exterior. Circuitos que enciendan una simple bombilla, publicar en una página web la temperatura de una habitación, alarmas que emitan avisos a través de Internet… todo esto y más ya no será un secreto para el lector, donde la única barrera que encontrará será su propia imaginación.

29.4.19

Escrito por Massimo Banzi, cofundador del proyecto Arduino, y Michael Shiloh, director pedagógico de Arduino.
Introducción a Arduino de Massimo Banzi y Michael Shiloh
Editorial Anaya 2016

Arduino es la plataforma de código abierto para la creación de prototipos electrónicos que ha irrumpido de forma revolucionaria en el mundo del diseño y sus aficionados. Esta completa introducción, actualizada a la nueva versión de Arduino, le ayudará a dar sus primeros pasos en la creación de prototipos. Aquí encontrará toda la información que necesita: desde cómo obtener los componentes necesarios hasta cómo dar los últimos retoques a sus proyectos.Le resultará muy sencillo empezar a utilizar Arduino inmediatamente. Para usar los ejemplos de introducción de este libro, lo único que necesita es una placa Arduino Uno o Leonardo, un cable USB y un LED. El entorno de desarrollo de Arduino, gratuito y muy fácil de usar, se puede ejecutar en Macintosh, Windows y Linux.

26.4.19

Este libro tiene el objetivo de enseñar un lenguaje de programación al alcance de todos con el que podrán divertirse creando videojuegos, aplicaciones educativas y creaciones artísticas interactivas de diverso tipo.
Scratch de Edgar D´Andrea
Ra-Ma Editorial 2018

En este libro se explica con detalle el lenguaje de la programación, paso a paso, razonando por qué y para qué se hacen las actividades. Sus explicaciones prácticas harán que rápidamente se visualicen los resultados de nuestro trabajo. Otro objetivo del libro es el desarrollo y el ejercicio del pensamiento computacional que nos permite formular problemas de manera que sus soluciones pueden ser representadas como secuencias de instrucciones, estos conceptos los aplicaremos al programar con scratch.el lector adquirirá los fundamentos de la programación jugando y el pensamiento computacional, una vez que se aprende, es como andar en bicicleta, no lo olvidaremos jamás.este libro es para niños, jóvenes, padres, profesionales de la educación, para todos.vamos, ¡aprendamos divirtiéndonos.

25.4.19

Onte, 24 de abril, seguindo coas actividades para festexar o Mes do libro, desenvolvéronse dúas sesións na biblioteca co alumnado de 1º A e 1º B de ESO. O obxectivo perseguido era que cada autor dos traballos expostos nela nos explicara que fixo e outras cuestións que xurdiron (ou se provocaron) no momento.
Leron, ofertados pola súa profesora Susana,  Memorias dun neno labregoA filla do Ladrón de bicicletas, Bala Perdida e outros títulos en galego. E ,trala lectura, chegou o difícil: escoller que facer, como, en que soporte , con que medios...Toda unha cadea de plans que cada rapaz/a armou e que onte, diante dos compañeiros, debullou e pormenorizou para xustificar o seu traballo.
Na biblioteca puideronse observar e ler muráis , cómics de diferentes extensións, traballos en folios con e sen ilustracións, periódicos a pequena escala, po-ups, maquetas, xogos de mesa con preguntas, xogos de ordenador, book-tráilers ... Unha gran variedade que resultou interesante para o alumnado e o profesorado presentes que gozamos coas detalladas e xenerosas explicacións que aportaba o autor de cada traballo.
Como se de relatores maiores se tratara, foron moi profesionais e contestaron a todas as preguntas que se lles formularon sentíndose orgullosos do traballo realizado ( non é para menos!) e aprendendo novas posibilidades para próximas ocasións. 
Moitas grazas a todos por seren como sodes e amosar do que sodes capaces ( alumnos e profesora ). Parabéns polo traballo realizado!!
Animámosvos a que sigades sendo así de creativos, entusiastas e xenerosos por deixarnos ver o que facedes.
E recomendamos ás familias que se acheguen ao noso centro para gozar e enorgullecerse do traballo realizado polos seus fillos. Agardámosvos!!
 


Para la construcción y programación de robots en los centros escolares lo que será un recurso educativo que permite aprender informática y tecnología de manera innovadora y atractiva.
Robótica educativa avanzada de Gabriel Ocaña
Dextra Editorial 2017
En este libro se continua con la enseñanza de la construcción y programación de robots, centrándose en el desarrollo de los siguientes conocimientos de robótica: Utilización de nuevos tipos de sensores: giro de un motor y giroscopio. Procesamiento de la información recibida de cualquier sensor. Medición del tiempo transcurrido, como en un cronómetro. Realización de cálculos matemáticos sencillos: sumas, restas, multiplicaciones y divisiones. Realización de operaciones lógicas AND y OR. Comparaciones entre dos magnitudes diferentes (mayor, menor o igual). Almacenamiento de información en variables. Ejecución de varias tareas simultáneamente mediante procesos en paralelo. Definición y reutilización de bloques personalizados.

24.4.19

Los robots educativos permiten a los jóvenes introducirse a este nuevo mundo tecnológico y, además, son la mejor herramienta didáctica para la enseñanza de las disciplinas académicas STEM (ciencia, tecnología, ingeniería y matemáticas)
Robótica educativa

de VVAA

Editorial Ra-Ma 2016

En este libro han incluido los contenidos básicos de un curso introductorio a la robótica que
sirva de base teórica tanto al profesor como al alumno de enseñanza secundaria. En él se ilustran conceptos básicos con explicaciones didácticas y actividades, incluyendo también contenidos matemáticos más avanzados para complementar los conocimientos del profesor y para aquellos alumnos de últimos cursos especialmente motivados.
Un achegamento á ciencia a conta deste fantástico comunicador.
A ciencia no punto de mira de Jorge Mira
Auga Editora 2011
Quen dixo que a ciencia é aburrida? A ciencia ademais de achegar coñecementos coñecementos pode ser unha fonte de entretemento que non coñece idades. Jorge Mira ofrece neste libro a posibilidade de descubrir realidades que nos rodean enfocadas dende o punto de vista da ciencia. Un libro divertido, ameno, curioso, pedagóxico e científico.

23.4.19

Seguindo coas actividades do Mes do Libro, mañá, mércores 24 de abril, na biblioteca do noso IES , terá lugar unha visita guiada á exposición «Un traballo de libro». Nesta ocasión será o alumnado de 1º A e 1º B de ESO coa súa profesora de Lingua Galega, Susana Váquez, quen nos explique como preparou a súa obra facéndonos partícipes do proceso á vista do resultado final do material exposto.
Mesmo teremos ocasión de participar nos xogos creados por algúns rapaces,  o que nos permitirá coñecer o xogo e o libro no que se basea.
Ademais dos traballos que están depositados na biblioteca coñeceremos outros en formato dixital que serán proxectados en pantalla e comentados polos seus autores.
Se calquera membro da familia desta rapazada o desexa, pode achegarse á biblioteca do IES lama das Quendas e gozar con todos da actividade que se realizará de 11:45 h  a 13:25 h. da mañá.
Agardámosvos!!

Lembrades que convocamos unha actividade para que nos achegásedes as frases poéticas que queriades que pintásemos na rúa? Pois xa as temos. Cales son ? Cales se pintarán? Ai! Haberá que agardar a que o tempo mellore e nos permita realizar a actividade nos pasos de peóns que hai fronte ao noso instituto. Non queremos facer unha chafallada.
Mentres chega o día, hoxe fixemos entrega dun agasallo ao alumnado que nos fixo as súas suxestións. A que non sabedes cal foi o regalo? Mirade as mans dos que están na foto e decatarédesvos de que non había nada máis apropiado no Día do Libro: un libro!
Grazas a Brais, Iván, Alejandro, Paula, Sara, Irene e Arman. Grazas aos que nos propuxestes frases sen identificarvos ( a pena é que non levastes agasallo!). Sodes parte importante desta actividade enmarcada no Mes do Libro no IES Lama das Quendas.

12.4.19

Desta edición, que se rematou de imprimir o Día das Letras Galegas de 2017,  interveñen o escritor Antonio García Teijeiro e o pintor Xulio García Rivas.
Imprimíronse 200 exemplares numerados e asinados polos autores. este noso é o 50/200.

Poesía cromática de 
Antonio García Teijeiro / Xulio García Rivas
Editorial Belagua 2017
40 láminas-poemas que a editorial Belagua recolleu neste volume que nos ofrece unha reprodución exacta do resultado do traballo dos dous artistas que decidiron trabalalr xuntos , de maneira que estamos diante de versos creados por iniciativa do poeta, pero tamén por suxerencia dos cadros do pintor, e viceversa.Láminas realizadas de maneira totalmente libre ou insinuadas pola forza da palabra. na que podemos detectar sen grandes problemas a forza da palabra escrita e maila suavidade do pincel, ou viceversa. 
Con esta obra , Antonio García Teijeiro volve achegar a infancia ás pegadas poéticas de Rosalía. Todos os poemas   parten dun diálogo con ela, coa súa lírica.


Paseniño, paseniño de Antonio García Teijeiro

Editorial Xerais 2018
Coa sutileza con que se desprazan as aves no aire, os poemas de Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, dialogan neste álbum coas excepcionais ilustracións de Marcos Viso. Ambos os dous seguen o rastro das pegadas que Rosalía de Castro deitou sobre as palabras, sobre a natureza e sobre o amor. Un traballo elegante e delicado, que destila emoción, evocación e coñecemento, e logra crear unha atmosfera abraiante, irrepetible. 
Contén un CD musical con poemas recitados polo autor

11.4.19

Coñecemos a Carlos Negro e o seu xeito de poemar  para facernos sentir de maneira intensa. Nesta obra , gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018, quere que a poesía sexa a canle de comunicación con aqueles que demasiadas veces damos por perdidos e aos que teríamos que achegarnos máis para coñecer realmente como son.

Aplicación instantánea de Carlos Negro
Editorial Xerais 2018

Con Aplicación instantánea, a poesía conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións. Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo de catro avatares que entran na vida co furor da irreverencia: contra a orde exacta dos armarios, contra o balbordo das atraccións de feira, contra o monocultivo cerebral dos eucaliptos, contra a ferruxe dos discursos que ignoran o movemento das dunas. Atrévete a entrar e descubrirás que a poesía ofrece sempre un perfil inesperado. Síguenos en Instagram: @aplicacion_instantanea
Desta obra di a propia autora nunha entrevista en La Voz de Galicia : «O fío condutor é aquela persoa que quere matar os eus líricos. Supón matar toda esa requinta e parafernalia que hai na poesía. Para iso, o que se fai é traballar con frases do día a día, é dicir, a poesía tamén está no cotiá. Ten, ademais, unha cousa fundamental que falta na poesía: o humor. Este é un texto para botarte unhas risas ao mesmo tempo que, dende o humor, pensas que podemos cambiar ».
Culpable de Eli Ríos
Editorial Xerais 2017

«Declárome culpable: / asasinei o eu lírico». Estás convidada, querida persoa lectora, a participar neste crime e a acumular a ficción da cultura de masas e da "high art". Avisada quedas desde agora: has ter que tomar decisións: unha corredoira ou a outra. Nunca no medio. Soltarás cancelas (enxértese unha advertencia aquí) e bosquexarás sorrisos neste enredo paranoico dos artefactos artísticos preparados para estoupar en calquera momento. Sen artificios. Con sinceridade animal. Estás preparada, entón, miña querida persoa lectora, para darlle ao play e comezar o xogo?

10.4.19

Si tú eres de los que te lo pasas mejor creando tu propio videojuego que jugando a uno ya comprado… ¡este es tu libro!
Programar como un genio 1 y 2

de VV.AA.

Editorial Vicens Vives 2017

La programación con Scratch 2.0 es la protagonista en estos  libros pensados para presentar a los lectores más jóvenes  los conceptos básicos de la programación desde un enfoque divertido y sencillo.
Sus autores  forman parte de un equipo que desde 2014 organiza en Italia cursos de robótica y programación para niños y adolescentes, tanto en escuelas como en actividades extraescolares. Los proyectos contenidos en este libro son fruto de la experiencia de estos talleres y han sido probados con grupos de diferentes edades y niveles… ¡así que la diversión está asegurada! ¿Te apasionan los videojuegos? 
¡Mediante el primer volumen aprenderás a utilizar Scratch como herramienta para crear el tuyo propio! Se trata de un reto que  a veces puede ser bastante complicado, pero las páginas de este libro te guiarán en todo el proceso, desde la idea inicial hasta el resultado final, pasando por la fase de planificación y diseño.
El segundo volumen se centra en el uso del Scratch para crear historias animadas. Empezando con dibujos simples, bidimensionales, aprenderás a construir animaciones que serán cada vez más y más complejas. ¿Te atreves?


Los libros se componen de 6 proyectos de dificultad creciente explicados paso a paso, cada uno de los cuales conduce a la creación de un minijuego para el ordenador. El resultado final, en todos los casos, es un juego sencillo y fácil de usar. ¡Recuerda que lo importante no es jugar, sino programar!

O pasado luns tivemos unha sesión de animación á lectura para 1º de ESO e outra para 2º de ESO. Foron impartidas por Eva Tato grazas ao patrocinio de Loqueleo-Santillana que nola achegou ao Lama das Quendas.( Grazas, María!)
A rapazada fíxonos a súa valoración da actividade e nós aproveitamos para poñer algunhas das súas opinións neste blog.
Afirma Omar que «a animadora chegou moi ben ao alumnado».E Martín engade «pasámolo moi ben porque Eva contounos historias que nos encantaban.Todos prestamos moita atención porque xesticulaba moito e mudaba de tono de voz».Lucía recalca que lle gustaron «os diferentes tonos de voz que empregou. Repetiría a experiencia xa que foi moi boa». César conta que o pasou moi ben nesa hora «porque Eva tivo sempre unha actitude humorística e entendeuse perfectamente todo o que nos quería transmitir». Eloi tivo que reflexionar porque ao principio quedou "descolocado" e, xa pola tarde, chegou á conclusión de que «pensándoo ben sei que a animadora conseguiu contar historias interesantes e divertidas que estaban noutros libros». (Pode que se anime a lelos!).Beatriz quedou feliz porque Eva «transmitiunos amor cara os libros. Gustoume moito como se expresou, como nos fixo entender as historias para dar, ao final, coa historia de La chica que patina y el tonto que la quiere que nós lemos. Fíxome pensar que en realidade , os libros son fermosos». Polo que se refire ao contado polo alumnado de 2º, remata Xabier coa manifestación coincidente dos asistentes «Déunos a todos moita pena que acabase a sesión».
Os de 1º contan o vivido practicamente de igual maneira e concordando co que xa escribimos que manifestaron os de 2º de ESO. Aínda así sinalaremos que Ainhoa estivo moi a gusto na sesión e «Eva sacoume un sorriso que me quedou posto todo o día. Transmitiume a súa enerxía, fixo actividades divertidas, contou historias moi interesantes...». E Lucía escribe «destaco a súa forma interactiva de contarnos os contos e xogar ao tempo». Finalmente , Carlos pon en palabras o sentimento xeral «foi unha actividade fantástica, agardo que se repita».
Esta foi a sensación coa que quedaron os alumnos. A do profesorado non é  distinta. Nós , ademais de divertida, dinámica, participativa... consideramos a actividade estupenda para tentar que a rapazada lea máis e desfrute coa lectura por iso facemos este tipo de propostas .
E quen non asistiu preguntarase, logo que fixo Eva Tato? Pois resúmeo Laura:
«foi unha visita ben interesante porque foi distinta a outras vividas. Ela explicounos de maneira teatralizada e con distintas actividades o que era o amor e os diferentes tipos de amor mediante unha historia que incluía outras nas que relataba o que lles sucedía a uns personaxes que ben se amaban a si mesmos ( Narciso que desprezou o amor da ninfa Eco),ben amaban o diñeiro ( problemas entre Calisto e Melibea) ou amaban a quen tiñan ao arredor ( Pedro tiene cuatro padres/ La chica que patina y el tonto que la quiere). Isto pareceume moi divertido e adaptado á nosa idade  ».

Xa percibiredes que nos quedaron boas sensacións, bo sabor de boca. Pero ademais ,saímos cunha mensaxe de amor polos libros  nos petos e coa intención de ler máis e de tentar ver as historias coa nosa mirada particular. E isto grazas a que Eva nos regalou a cada un de nós, coa  súa mirada, unha miguiña do seu enorme amor polos libros. Non, non vos preocupedes que aínda lle quedou para ela.Grazas Eva!!
Oxalá a nosa rapazada coide , para que medre, ese cariño polos libros e a lectura e sempre que poida, espalle polo mundo o fermoso vicio de ler .

9.4.19

 Calquera rapaz pode ler, pero moitos non pasan de aí. Outros, gozan coa lectura e  len outros libros ademais dos que lles prescribimos nas diferentes materias. E aínda hai outras persoas que parten das súas lecturas e utilízanas para aprender e pensar. Formar lectores ten , na nosa humilde opinión, esta triple dimensión de ler, desfrutar e aprender.
Na nosa biblioteca, durante todo este mes dedicado ao libro, contamos cunha exposición que imos titular : Un traballo de libro. Nela atoparedes muráis, xogos, cómics e outro tipo de traballos baseados nas lecturas que o alumnado de 1º e 3º de ESO realizou a proposta da súa profesora Susana Vázquez. Neles vese que o alumnado pensou e aprendeu das historias lidas.
Hai algúns sorprendentes pola súa minuciosidade, polo seu contido, pola súa estética...Todos son para eloxiar pola habilidade de que amosan ao interpretar os diferentes libros lidos ( Memorias dun neno labrego, Bala perdida, O Principiño, A filla do ladrón de bicicletas, O señor dos aneis, Dragal, 22 segundos, Unha estrela no vento, A praia dos afogados, Corredora...).
Non só poderedes admirar os muráis senón que libremente é posible coller os traballos e follealos, miralos e admiralos sobre as mesas e, á volta de vacacións, estableceremos quendas para que poidades xogar aos  trivial, parchís e outros que construiron os vosos compañeiros de instituto.
Se queredes ver a exposición só tedes que achegarvos á biblioteca no tempo de lecer , que sempre está aberta, ou a calquera outra hora do horaio lectivo na que haxa persoal atendéndoa.
Agradecemos a Susana  que animase ao seu alumnado a realizar esta actividade e que nos preste o material para que todos aprendamos algo.
Queda inaugurada a exposición! Non vola podedes perder! Lembrade que a entrada é de balde!!
 

8.4.19

Una película francesa que deberían ver todos aquellos que tengan interés en el futuro de la Tierra.
Mañana

Karma Films 2015
Premios César: Mejor documental

Tras la publicación de un estudio que anunciaba la posible desaparición de parte de la humanidad en 2100, Cyril Dion y Mélanie Laurent y un equipo de cuatro personas visitan diez países para investigar las causas de la catástrofe y, sobre todo, la forma de evitarla. Durante su viaje, se encuentran con pioneros que reinventan la agricultura, la energía, la economía, la democracia y la educación. Terminado su trabajo, empiezan a vislumbrar la posibilidad de que surja un nuevo mundo: el mundo del mañana. 

5.4.19

El libro no presupone ningún conocimiento previo del lector en el campo de la programación de ordenadores, pero no se queda solo en la superficie, sino que llega a profundizar en muchos aspectos avanzados del lenguaje C y de la programación estructurada. Por lo tanto, es apto tanto para principiantes ambiciosos como para programadores con cierta experiencia que quieren aprender C.
Aprende a programar en C de 0 a 99 de A. M. Vozmediano
ensegundapersona.es 2017

En este libro encontrarás el 99% de lo que necesitas saber para programar en C explicado de un modo claro y comprensible, desde lo más básico, como la programación estructurada y el pseudocódigo, hasta las cuestiones más peliagudas como los punteros, los ficheros indexados o las estructuras de datos avanzadas.
El libro está orientado a las personas que no saben programar y necesitan una guía para aprender C desde cero.Es una revisión del curso de programación que el autor usó durante años con sus alumnos. 
Este libro te da acceso, además,  a una colección de ejercicios descargables, muchos de ellos resueltos.

Un deses libros da colección Saber para crecer que nos axudan a ter unha maior información , neste caso, para coidar o noso planeta.
Que me dis da Reciclaxe


de José Precioso e Renato Henriques
Nova Galicia Edicións 2008

A produción de bens de consumo é beneficiosa, pero xenera a redución de recursos naturais e grande cantidade de residuos. A reciclaxe reduce o consumo de recursos e enerxía e os problemas ambientais do seu verquido. 

Preséntase cun caderno de actividades editado no 2010.

4.4.19


Xa referimos na entrada anterior o que desfrutou o alumnado máis novo con Ledicia Costas.E pensaredes, e os de 2º e 4º  de ESO? Non temos coñecemento, no momento de redactar esta entrada, da opinión do alumnado de 4º pero un grande número de alumnos/as de 2º  quixeron dar o seu parecer sobre o vivido onte no noso Salón de Actos.
Aquí vos deixo algunhas opinións.
Para Xabier Novoa Bermúdez «foi unha hora moi agradable. Sen dúbida un tempo ben empregado» e concordan con el moitos dos seus compañeiros , entre eles Lucía Souto Sobrado e Iván Brigos Vigo, en que lles «gustaron as anécdotas graciosas que contou».
 César González Ledo salienta que lle chamou a atención que dixera que «lle gusta o humor macabro dende hai anos». E engade :«Agradezo a súa amabilidade connosco e quedamos encantados de que viñera ao centro».
A Eloi González Gómez e Nerea Fernández  Expósito gustoulles como contaba en que se baseaba para escribir. Di Eloi que lle pareceu «agradable e boa persoa. Agardo que volva pronto polo centro».
O máis destacable para Gabriela Areán Fernández foi a súa «maneira de expresar a realidade do mundo actual nos seus libros».
Unha das rapazas a quen Ledicia Costas lle asinou  un libro é Ángela Diéguez Fernández quen quedou profundamente agradecida: «poder ter o meu libro asinado por ela é especial. Pero quedei con ganaa de máis...cando volve?».
A autora faloulles dunha das súas obras,O corazón de Xupiter, na que aparece o acoso vía redes sociais e púxolles un vídeo relacionado, dalgunha maneira , co tema. Isto foi o que  afectou a varios rapaces, especialmente a  Martín García López quen afirma  que «quedamos un pouco tristes cando Ledicia mostrou as consecuencias negativas do ciberacoso»; e Mª José Deus Lucero  quen impactada polo vídeo conta que lle «caían as bágoas polas meixelas ao ser consciente da gravidade do asunto»
Álex López Valdés salienta  «que  puidemos facer preguntas».(Aínda que non formularon moitas).
Unha rapaza, Sara Vázquez Carballo, afirma quedar «moi agradecida xa que puidemos entender máis aló do que os seus libros nos contan».  
Todas as persoas que escribiron algo sobre o encontro coinciden na simpatía, cercanía, empatía da escritora e manifestan o seu desexo de tela de novo no centro, pero hai unha alumna, Beatriz Rodríguez Carnero, que aporta unha razón  contundente para seguir lendo e encontrándose con esta autora. Nós rematamos esta entrada coa súa opinión porque non nos atrevemos a dicir nada máis: «Ledicia Costas e os seus libros son moi necesarios nas vidas de todos».

3.4.19

Onte, Día Internacional do Libro Infantil foi un día especial por dúas razóns. Unha, porque recibiamos a visita do alumnado e profesorado de 6º de primaria do CEIP Xoán de Requeixo (coa alegría que supón reencontrarse con veciños, amigos e compañeiros) e outra, porque nos visitaba  a escritora Ledicia Costas de quen, uns e outros leran algún dos seus libros.Foi un verdadeiro pracer contar no IES Lama das Quendas con todos eles.
Preguntada a rapazada polas sensacións, impresións do encontro , deseguida dixeron «se queres, escribimosche o que nos pareceu!». Aceptamos. Como non ibamos aceptar!? Así que o que segue é parte das refexións que escribiron rapazas e rapaces de 1º de ESO onte pola tarde e trouxeron, hoxe, para poñer no blog.
Todos concordan en que se xa lles gustaban os seus libros, agora, tralo encontro  gústalles a persoa. E dan argumentos.Por exemplo  Carlos Fernández Otero di que lle gustou «moito a súa presentación, as súas anécdotas de familia que lle deron idea a Ledicia Costas para escribir os seus libros. Moito rin con ela! Agardo que escriba a 4ª parte de Esmeraldina!!».
Xabier Pérez Ochandategui comenta que «o tempo que pasamos con Ledicia Costas foi, ademais de divertido, moi interesante. Gustoume que nos ensinara que non hai que ser serio para ser escritor, que podes ser coma todo o mundo. Foi unha grande experiencia ».
Outra satisfeita do encontro é Ainhoa Crespo Porto e destaca que «Ledicia Costas pareceume unha persoa superencantadora, boa con nós e moi divertida. Coma os seus libros!!».
Pola súa parte, Mauro Calvo Pérez sinala, entre outras cousas xa referidas, que lle pareceu interesante que
«cousas que aparecen nos seus libros tamén ocorreran na vida real».
Ao final do acto, Ledicia Costas deu paso ás preguntas que lle desexaran facer e nese momento amosáronse bastante tímidos todos, pero algún aínda se atreveu antes de que deramos paso á sinatura dos libros que con agarimo lle achegaron para que a autora llelos adicara.
Marcharon ás clases moi, moi ledos e satisfeitos.
Nós, os adultos que propiciamos o encontro aínda máis. Que non fariamos por eles!!
 
 




Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2024

Letras galegas 2024
Luísa Villalta

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

25N (3) 3D (1) 8M (4) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (22) Actividades na biblioteca (4) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arte (5) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (2) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (5) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (119) banda deseñada castelán (5) banda deseñada galego (18) banda deseñada portugués (6) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (1) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (28) biografias (1) biografías (11) botánica (1) Botellón poético (1) camiño de santiago (2) Campañas (6) cartas de amor (10) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (2) chantada (1) Ciencia (18) Ciencia ficción (43) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (5) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (35) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (1) Concursos (29) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (15) contos de medo (1) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curtametraxe (4) Curtas (4) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (1) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (9) día das letras galegas (20) Día das librarías (1) día de rosalía de castro (15) Día do libro (47) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (1) didáctica (3) dinamización (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (6) DVD (7) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (4) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (3) Encontros con autores (34) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (2) ensaio galego (3) Ensino público (3) Entroido (8) entroido ribeirao (1) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (4) Espionaxe (7) etnografía (9) Explotación infantil (1) exposición (3) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (12) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (8) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (24) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (3) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) grecia (3) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (15) historia de galiza (6) historia universal (2) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (1) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) Justicia (1) lamañazo rock (10) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (29) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) Magosto (2) Manga (51) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medio ambiente (1) memoria histórica (1) Mercado de libros (14) mes da ciencia en galego (9) Microrrelato (1) Misterio (39) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (25) música das esferas (1) música popular urbana (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (88) narrativa francés (1) narrativa galego (85) narrativa inglés (7) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (3) Novela histórica (6) Novela negra (17) Novidades (568) nutrición (1) oralidade (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) poesia (1) Poesía (316) poesía castelán (6) poesía galego (27) Policíaco (40) Portugués (10) Prehistoria (2) Premios (7) protocolo (2) psicoloxía (2) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (20) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (8) relatos (12) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (3) Relixión (7) Reportaxe (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (2) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (25) saúde (1) segunda guerra mundial (1) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (2) teatro escolar (1) teatro galego (17) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (9) vieiros (1) Violencia de xénero (18) x (1) xacias (2) xadrez (5) xela arias (5) Xeografía (4) Xogos (7) Xogos populares (4)