Lois Pereiro é o escritor ao que se lle adican as letras galegas neste ano 2011. Este vídeo acercanos ao poeta monfortino e axúdanos a coñecelo un pouco máis.
22.3.11
14.3.11
APROVEITA AS TÚAS HABILIDADES DESEÑA UNHA MASCOTA PARA A TÚA BIBLIOTECA.
BASES:
1- PODERÁ PARTICIPAR CALQUERA MEMBRO DA COMUNIDADE EDUCATIVA.
2- OS TRABALLOS TERÁN QUE SER ORIXINAIS E IRÁN ACOMPAÑADOS DO NOME DA MASCOTA.
3- A TÉCNICA SERÁ LIBRE, PODENDO SER: DEBUXO, PINTURA, CERAS, ACUARELA…( Non se admitirán traballos feitos con medios dixitais)
4- O PREMIO SERÁ UN LOTE DE MATERIAL ESCOLAR VALORADO EN 30€
5- OS TRABALLOS PRESENTARANSE NA BIBLIOTECA EN SOBRE PECHADO E SEN NINGUNHA IDENTIFICACIÓN EXTERIOR. DENTRO IRÁN O DESEÑO CO NOME DA MASCOTA E NUN SOBRE PEQUENO O NOME DO AUT@R, CURSO E NOME DA MASCOTA QUE PROPÓN.
6- O PLAZO DE PRESENTACIÓN É ATA O 12 DE MAIO.
(No caso de que o xurado considere que os traballos non teñen a calidade suficiente o premio poderá declararse deserto)
11.3.11
1.3.11
EQUIPOS DE TURRA-SOGA E PANO
Cada clase ten que escoller dous equipos mixtos de cinco persoas (a ser posible, diferentes), un para a competición de turra-soga, e outro para o de pano.
Mediante quendas eliminatorias decidiranse os equipos que pasan de fase (na competición de turra-soga farase ao mellor de tres), seguindo a seguinte estrutura:
Liga de 1 ESO
1ESOA vs 1ESOB
1ESOA vs 1ESOC
1ESOB vs 1ESOC
Liga de 2 ESO
2ESOA vs 2ESOB
Liga de 3 ESO
3ESOA vs 3ESOB
3ESOA vs 3ESOD
3ESOB vs 3ESOD
Liga de 4 ESO
4ESO A vs 4ESO B
Liga de 1BACH
1BACHA vs 1BACHB
Liga de 2BACH
2BACHA vs 2BACHB
En 1º e 3º de ESO teranse en conta os resultados parciais para evitar posteriores empates.
Na segunda quenda, enfrontarase os vencedores de cada liga do seguinte xeito:
1ESO vs 2ESO
3ESO vs 4ESO
1BACH vs 2BACH
E por último, farase unha competición final entre os tres grupos que queden, decidíndose os tres primeiros postos.
A puntuación para o concurso da Aula+Sostíbel quedará como segue:
1º clasificado: 20 puntos
2º clasificado: 12 puntos
3º clasificado: 8 puntos
Por participar cada clase terá 5 puntos.
COMPETICIÓN DE CHAVE
A competición de chave será individual (non poden coincidir cos equipos de turra-soga e pano), e farase o calendario segundo o número de participantes.
A puntuación para o concurso da Aula+Sostíbel quedará como segue:
1º clasificado: 20 puntos
2º clasificado: 12 puntos
3º clasificado: 8 puntos
Por cada alumno que participe, a súa clase recibirá 1 punto.
PARA ANOTARSE, AVISAR A JUAN MANUEL VÁZQUEZ ANTES DO XOVES 3 DE MARZO (ESTE INCLUSIVE).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)