Como vos prometemos aquí tedes unha escolma de fotos do entroido.
27.2.12
26.2.12
Ramón Caride, Exogamia 0.3 . Xerais 2011. Fora de xogo.
John Brockman sostén que a ciencia é a única noticia, o único verdadeiramente novidoso que hai hoxe sobre a Terra. Na ciencia sempre hai algo novo: a internet, as células-nai, as vacinas contra a SIDA, as probas de ADN, os avances contra o alzhéimer, a loita contra o cambio climático. Ningunha empresa ten o monopolio dos números. Ningunha nación ten a soberanía sobre a adenina e a guanina. Ningún imperio goberna as ondas cuánticas, a astrofísica ou o cálculo diferencial. Hoxe debe haber sitio para todos na celebración do coñecemento, unha verdade que non se pode vender nin mercar nin impoñer pola forza, nin conter nin evitar. A ciencia é imparable. Exogamia 0.3 reúne media ducia de relatos, non estritamente literarios, suxestivos e non pechados, que permiten abrir un debate necesario sobre algúns dos temas candentes do noso tempo, cuestións nas que a ciencia é protagonista, problemas decisivos para a humanidade aos que ninguén pode quedar alleo.

24.2.12
Héctor Carre, Febre. Premio Fundación Nova Caixa Galicia-Claudio San Martín de Literatura Xuvenil 2011 - Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil 2011 |
FÓRA DE XOGO |
22.2.12
Agustín Fernández Paz, Non hai noite tan longa. Xerais (2011)
Gabriel Lamas ten cincuenta anos e vive en París desde 1970. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde, a súa vila natal, e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. Entón, comprobará que nunca podemos fuxir do noso pasado e que as feridas mal curadas non deixan de supurar. O encontro coa ánima do seu pai, na desolada casa familiar cambiaralle a vida para sempre. En Non hai noite tan longa atopamos os ecos dos temas esenciais da literatura e das figuras dos personaxes clásicos, inseridos nunha narración de escrita transparente que flúe coma a auga. Unha obra de lectura engaiolante, debedora das técnicas da novela negra, que ofrece unha minuciosa indagación moral e unha ácida ollada crítica sobre a nosa sociedade en dous momentos da historia próxima: os últimos anos da ditadura e os primeiros do século XXI.Esta obra propón unha mensaxe de confianza no futuro e na recuperación da dignidade das persoas.
16.2.12
- 11:33
- Alfonso Fernández
- Contos
- Comenta
Manuel Rivas, O máis estraño. Xerais, 2011.
Manuel Rivas reúne todos os seus relatos nesta obra, que é tamén unha psicoxeografía, unha zona de rescate da memoria fronte á amnesia, onde o desexo loita contra a morte e a imaxinación levanta o voo. Así, emerxe un mundo que parecería estar á espreita da súa invención. En O máis estraño aparecen relatos xa célebres como «A barra de pan» ou «A lingua das bolboretas», contos extraordinarios por descubrir como «A chegada de Ingrid», e inéditos sorprendentes como «A sombra do soño». Os medos, as paixóns, a emigración, a guerra, os naufraxios, a relixión, a culpa, a depredación da natureza, a arte e a vida, o humor insurxente, o poder e as súas máscaras, a incomunicación, as fronteiras, a resistencia das voces baixas, o andar vagabundo do ser e as palabras á procura dunha segunda existencia... O máis estraño pescuda no enigma humano, cunha linguaxe incandescente e indócil.
15.2.12
Haruki Murakami , 1Q84 Libro 3 (2011) Galaxia.
Na terceira e última parte de 1Q84 Murakami continúa a historia de Aomame e Tengo Logo da publicación dos Libros 1 e 2, moi ben recibidos entre as lectoras e os lectores galegos e con excelentes críticas no noso país, volven Aomame e Tengo, desta vez na compaña do detective Ushikawa. Haruki Murakami continúa a historia de Aomame, que, despois de asasinar o líder da seita Vangarda, refúxiase nun apartamento agochado mentres conserva a esperanza de reencontrarse con Tengo, o outro protagonista da novela. A narración desenvólvese á vez en dous mundos imbricados, o de 1984 e o de 1Q84 -en xaponés, Q e 9 pronúncianse do mesmo xeito-, un universo singular, de noites iluminadas por dúas lúas, que absorve e imita a realidade, que a fai súa
13.2.12
Anxo Fariña (Autor e ilustrador). A chave da Atlántida. Premio Merlín de Literatura Infantil 2011. De 11 anos en diante. | |||
12.2.12
Agustín Fernández Paz. Fantasmas de luz. (2011).
Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina no mellor cine da cidade. Cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, a súa vida experimenta un cambio extraordinario que tamén afecta a Marga, a súa dona. Dun xeito progresivo, os seus corpos comezan a se volver transparentes, invisibles aos ollos das persoas que viven ao seu redor. Empregando recursos da novela fantástica e combinando o suspense cunha delicada melancolía, Fantasmas de luz fálanos dun dos grandes dramas contemporáneos: o da exclusión e a invisibilidade a que se ve sometida unha parte da sociedade. Fantasmas de luz tamén quere ser unha homenaxe ao cine, tanto ás vellas salas que foron esmorecendo como ás grandes películas que, sen ser a vida mesma, «axudan a entendela e enchen de esperanza o corazón».
11.2.12
Manuel Darriba, Brais e os demais. Galaxia. A partir de 10 anos. 2010.
Brais só ten nove anos, pero fai cousas de maiores. É un tipo alto, por fóra e por dentro, que aspira a pasalo ben, e a quen todo chama a atención.
Brais só ten nove anos, pero fai cousas de maiores. É un tipo alto, por fóra e por dentro, que aspira a pasalo ben, e a quen todo chama a atención.
Ven coñecer a súa vida e todas as cousas fascinantes que pasan no seu barrio, cheiño de veciños ben curiosos.
10.2.12
8.2.12
Mundo Arb, Manuel Lourenzo González. SM, (2011) Máis de 10 anos. Premio O Barco de Vapor 2011.
SINOPSIS
Existe unha comunidade de seres humanos que viven en pólas de árbore. Son os arborenses. Os campos que cultivan, os montes onde cazan, os ríos polos que navegan e as cidades nas que habitan están situados en grosas pólas suspendidas no aire. Os arborenses están convencidos de que non existe ningún outro mundo máis ca o seu. Un día, uns rapaces emprenderán unha viaxe que durará un ano e que os levará moi lonxe da súa terra. Será unha viaxe chea de riscos ao longo das máis diversas xeografías arbóreas, na que coñecerán paisaxes e xentes moi diferentes, vivirán asombrosas aventuras e aprenderán a sobrevivir cos mínimos recursos, ata acabaren por facer un descubrimento moi especial que mudará para sempre a vida en Arb. Mundo Arb é unha novela de viaxes e aventuras escrita ao modo clásico, concibida coma una homenaxe á loita polo coñecemento humano e ao sentido da amizade.
6.2.12
El prisionero del cielo, Carlos Ruiz Zafón. 2011 Planeta.
Barcelona, 1957. Daniel Sempere e o seu amigo Fermín, os heroes de La Sombra del Viento, regresan de novo á aventura para afrontar o maior desafío das súas vidas. Xusto cando todo empezaba a sorrirlles, un inquietante personaxe visita a libraría de Sempere e ameaza con desvelar un terrible segredo que leva enterrado dúas décadas na escura memoria da cidade. Ao coñecer a verdade, Daniel comprenderá que o seu destino o arrastra inexorablemente a enfrontarse coa maior das sombras: a que está a medrar no seu interior. Ateigado de intriga e emoción, El Prisionero del Cielo é unha novela maxistral onde os fíos de La Sombra del Viento e El Juego del Ángel converxen a través do meigallo da literatura e condúcenos cara o enigma que se oculta no corazón do Cemiterio dos Libros Esquecidos.
3.2.12
El chico rumano, Alfaya Bula, Javier. Anaya. A partir de 12 anos.
Un neno inmigrante, que se busca a vida vendendo periódicos, tópase en varias ocasións cun home que sae cada día a pasear cos seus cans. Unha noite o neno aparece nun portal consumido pola febre, e o home decide facerse cargo. Así comeza unha historia que se vai complicando a medida que se descobre que o rapaz estivera en mans dunha banda de delincuentes que, segundo se sospeita, se dedica a distintas actividades criminais, entre elas a pedofilia e o tráfico de órganos.
2.2.12
Cansino, Eliacer .Una habitación en Babel. Ed Anaya. A partir de 14 años. (VI Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil / Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil, 2010 / Lista de honor CLIJ 2009)
A Torre é o maior edificio do pobo, un bloque acedo en inhumano no que viven tantas persoas como en toda a urbanización de casiñas encostadas que acaban de construír nos arredores. Persoas instaladas en estantes do aire, como libros, cada un coa súa historia, algunhas boas e outras malas. Unhas a piques de abrirse e outras de pecharse.
Nela viven Anxo e Gil, Nor e Berta, Rashid e Stéfano. Cada un na súa habitación da Torre, falando co seu propio acento, pero obrigados a entenderse cando descobren que pertencen a unha mesma historia.
1.2.12
María Menéndez-Ponte, Maldita adolescente. SM.
Adriana escribe cartas a Nick, dos Backstreet Boys, contándolle todo o que lle pasa; Iván é un apaixonado dos poemas de Antonio Machado e escribe a Adriana varias cartas que esta nunca lerá. Tan só cando é demasiado tarde, Adriana descubrirá os sentimentos do seu compañeiro de clase.
Unha novela que, con dous rexistros de voz completamente diferentes: a voz de Adriana, cunha linguaxe adolescente, e a de Iván cunha prosa poética, móstranos a realidade máis fráxil e vulnerable do adolescente. Ambos os dous reflicten a súa dificultade para comunicarse cos demais, o sufrimento psicolóxico derivado da incomprensión e a soidade na que se ven inmersos. Todas estas trabas influirán no xeito de vivir o seu primeiro amor.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)