Aquí tedes unha curta do portugués Nuno Rocha na que o tema principal é que a vida é bonita e merece a pena vivila. É moi axeitada para estes días de crise e paro e agardo que vos faga reflexionar un chisquiño.
30.5.12
27.5.12
Henning Mankell, La ira del fuego. Debolsillo (2010)
Por fin chega o terceiro libro de Mankell sobre Sofia. A historia da loita dunha moza contra a pobreza e a inxustiza, os seus sentimentos, as súas dúbidas, nun dos países do mundo máis pobres e devastados pola guerra: Mozambique. Algo vai mal, moi mal. De pronto, Armando volve cada vez máis tarde polas noites e, a pesar de que os ingresos do taller de coches son escasos, leva roupa nova. Non obstante, Sofía e os tres nenos non reciben nada. Cando as peores sospeitas de Sofía se confirman, o engano é un feito. En lugar de tragar a ira, Sofía decide irse polo seu propio camiño. Pero o prezo será elevado... para todos.21.5.12
Markus Zusak, La ladrona de libros. Lumen (2007)
Unha novela preciosa, tremendamente humana e emocionante, que describe as peripecias dunha nena alemá de nove anos dende que é dada en adopción pola súa nai ata o final da guerra. A súa nova familia, xente sinxela e nada afecta ao nazismo, ensínaa a ler e a través dos libros Rudy logra distraerse durante os bombardeos e combater a tristura. Pero é o libro que ela mesma está a escribir o que finalmente lle salvará a vida.

16.5.12
14.5.12
10.5.12
9.5.12
7.5.12
Lois Lowry, ¿Quién cuenta las estrellas? Planeta. Máis de 12 anos.
Resumo
Annamarie e Ellen teñen dez anos, son amigas e viven en Copenhaguen durante a ocupación nazi. As súas vidas transcorren cunha relativa e tensa normalidade a pesar da presión militar e das privacións. Non obstante, todo cambia radicalmente cando comeza a persecución aos xudeus. Ellen e os seus pais forman unha das moitas familias xudías que se ven obrigadas a escapar para non ser descubertas, pero, afortunadamente para eles, non están sós na súa desgraciada aventura...

4.5.12
3.5.12
Paco Roca. El Patito Editorial. 2012.
O recoñecido debuxante Paco Roca (Valencia, 1969) consegue artellar en Engurras (Arrugas) unha narración baseada na humanidade dos personaxes, de aí que poida interesar a lectores de calquera idade malia falar da dexeneración senil e do alzhéimer. Emilio, un antigo empregado da banca, é internado pola súa familia nunha residencia de anciáns e aos poucos vai aceptando ese novo domicilio, as súas regras e as rutinas diarias. Mais a súa memoria comeza a se borrar, por moito que tente contrarrestar ou agochar os efectos da enfermidade. Engurras conta con precisión e dende unha ollada intimista non exenta de dureza esa batalla contra a vellez, ata que as súas páxinas se volven totalmente brancas. Unha conmovedora historia, que mereceu o Premio Nacional de Cómic en 2008 e que conta xa con adaptación ao cinema, no que conseguíu dous premios Goya.
2.5.12
Eduardo Mendoza , Riña de gatos. Madrid 1936 . Ganador del Premio Planeta 2010.
Un inglés chamado Anthony Whitelands chega a bordo dun tren ao Madrid convulso da primavera de 1936. Deberá autenticar un cadro descoñecido, pertencente a un amigo de José Antonio Primo de Rivera, cuxo valor económico pode resultar determinante para favorecer un cambio político crucial na historia de España. Turbulentos amores con mulleres de distintas clases sociais distraen ao crítico de arte sen darlle tempo a calibrar como se van multiplicando os seus perseguidores: policías, diplomáticos, políticos e espías, nunha atmosfera de conspiración e de algarada.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)