Despois de dous días sen ter noticias debido ás intensas xornadas que están a pasar todos os integrantes do intercambio e aos problemas con internet chéganos a crónica da viaxe que fixeron a Suecia acompañada con algunhas instantáneas para que vexades que todos están ben e a punto de retornar. Aquí vos deixo o enlace da páxina do Instituto en Hjorring.
O sábado saímos as 5:45 da mañá dende Hjorring cara Frederiksshavn onde collemos o barco para chegar a cidade sueca de Goteborg.
Foi unha preciosa viaxe nun enorme barco onde os rapaces o pasaron moi ben.
De Goteborg puidemos ver pouco pero deunos tempo de pasear polo barrio antigo, de ver o edificio da opera e de comparar o estilo de vida desta cidade, a segunda máis grande de Suecia, co estilo de Dinamarca e de España.
Regresamos ás 20:30 moi canso e dispostos a aproveitar o pouco tempo que nos queda aquí.
O domingo e o día coas familias e xa cara a noite xuntarémonos todos no Instituto para compartir as últimas horas en Hjorring e saír en autobús cara Copenhagen e coller o avión de volta a España.
A viaxe de regreso contarémosvola en persoa.
Dinamarca-Suecia