Remata o mes das Letras Galegas cos dous últimos poemas, esta vez poñen as súas voces Irene Moncada de 3º e Yanira Vigo de ESA. Agardamos que este non sexa o fin dun mes das letras senón o principio dun ano no que nos sintamos orgullosos de usar a nosa lingua.
30.5.13
29.5.13
28.5.13
27.5.13
Bakuman 3.Tsugumi Ohba, Takeshi Obata. Norma editorial (2011)
¡SIGUE DISFRUTANDO DE OBHA Y OBATA, EL MEJOR TÁNDEM DE MANGAKAS DE NUESTROS TIEMPOS! A pesar de las difi cultades, Saiko y Shujin dan pasos de gigante para cumplir su sueño: consiguen publicar en la Akamaru Jump, y parece que su editor cree que tienen posibilidades de convertirse en profesionales. La competencia es feroz, y su principal rival, Eiji Niizuma , sigue escalando posiciones...
24.5.13
- 09:51
- Alfonso Fernández
- Cine
- Comenta
Blancanieves de Pablo Berger.(2013)
Versión libre, de carácter gótico, do popular conto dos irmáns Grimm, que foi ambientada en España durante os anos 20. Blancanieves é Carmen, unha bela moza cunha infancia atormentada pola súa terrible madrasta Encarna. Fuxindo do seu pasado, Carmen emprenderá unha apaixonante viaxe acompañada polos seus novos amigos: unha troupe de Ananos Toreros.

23.5.13
22.5.13
20.5.13
O gardián invisible
Dolores Redondo Meira .
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA. XERAIS
Dolores Redondo Meira, unha autora navarra de ascendencia galega, constrúe en O gardián invisible, a súa segunda novela, un thriller orixinalísimo onde se mestura a investigación policial e científica co suspense e coa mitoloxía das lendas navarras. A inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral, investiga o asasinato dunha adolescente que aparece morta e coas roupas esgazadas no medio dunha mesta fraga. O asasino colocou os zapatos da vítima como sinatura da súa identidade e a investigación acaba por conducir a inspectora a Elizondo, a súa vila natal, onde se ve obrigada a se enfrontar ao seu pasado. Unha novela vibrante, que deixa sen alento a quen a le. O gardián invisible de Dolores Redondo, editada en trece linguas: francés, alemán, inglés, turco, castelán, italiano, catalán, portugués do Brasil, noruegués, holandés, euskera, grego e galego, lánzase a nivel mundial neste mes de xaneiro de 2013. Están xa vendidos os dereitos cinematográficos a Nadcon Films para unha película que vai ser dirixida por Peter Nadermann.
16.5.13
15.5.13
Vento galerno
Antonio Yáñez Casal
INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOGO. XERAIS
O vento e a corrente levaron mar adentro a chalana na que Miro quedou durmido. Cando espertou, o mozo comprendeu a súa situación de náufrago desorientado que, mentres agardaba ser rescatado, notaba o estómago máis e máis encollido. Tras dous días e as súas longas noites loitando contra a sede, cando preparaba a súa cana para unha nova lanzada, algo lle chamou a atención no horizonte. Aló, na parte máis baixa do ceo, confundíndose coas nubes, pareceulle ver terra. Aquilo fixo que Miro anovase a confianza no futuro.
14.5.13
10.5.13
Nubes de evolución
Andrea Maceiras Lafuente
INFANTIL E XUVENIL>FÓRA DE XOG. XERAIS
Sempre vai frío na estación de autobuses. Aquel frío que xea a Amanda, a rapaza de dezanove anos que traballa de limpadora, que todas as noites lle conta a Ánxela, a súa filla dun ano, todo o que alí lle aconteceu. Aquel frío que persegue a Uxío, o rapaz louro, que pasa camiño do adestramento, desacougado tras a perda da moza e o divorcio dos seus pais. Aquel frío que atenaza a Luís, o home do paraugas, o profesor de instituto, afundido na soidade, que agarda polo seu autobús. As vidas dos tres cruzaranse cando Amanda teña que limpar unha pintada nunha das plataformas de chegadas: «WHEN WILL THOSE CLOUDS ALL DISAPPEAR?».
8.5.13
Canciones para Paula de Blue Jeans: (2009)
Ata onde estarías disposto a chegar por amor? Pode aguantalo a amizade todo?Amor, desamor, enredos, mentiras, traizóns... e moita música!! Unha canción para cada momento e unha banda sonora que non poderás deixar de cantar ¡ BERRA QUE ME QUERES!!
Descobre por que CPP é a novela de moda nas redes e a mellor valorada polos blogs de lectura xuvenil e engánchate á historia máis romántica que te manterá sen pestanexar ata o final!!!
7.5.13
6.5.13
El futuro robado. Ramón Caride. Sopa de letras, Anaya. Castelán (2011)
Sheila e Said viven nesta ocasión a súa aventura máis arriscada. A súa amiga Irina visítaos no seu muíño e descobre que desapareceron misteriosamente. Que lles puido pasar? Said e Sheila viaxaron no tempo e teñen que enfrontarse a un poderoso grupo que, por intereses económicos, están dispostos a destruír unha importante zona de costa, sen importarlles os estragos ecolóxicos ou culturais que poden producirse.

2.5.13
Mes das Letras Galegas
Hoxe comezamos o mes das Letras Galegas e, para celebralo, o club de lectura "A Quenda do Libro" e a Biblioteca do IES Lama das Quendas, queremos agasallarvos diariamente con un poema de Rosalía de Castro que neste ano se cumpre o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Os poemas serán lidos por alumnado de distintos cursos do noso centro. Asemade, e para darlle a maior visibilidade a esta actividade, estes poemas serán difundidos en Televinte que colabora nesta actividade de difusión cultural.
Esta é a presentación da campaña e o primeiro dos recitados.

Costa do Solpor
Xosé Mª Lema
EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA. XERAIS
Unha novela de aventuras de mar e de terra con batallas navais, abordaxes, tétricas escenas de terror e tenras de amor, senlleiros personaxes lendarios e reais –un náufrago desmemoriado, un crego sabio e revolucionario, un fidalgo reformista...– e unha vila maldita que conforman a iconografía histórica da galega Costa do Solpor. A novela está ambientada na Galicia rural e urbana de mediados do século XVIII, facéndonos partícipes das angueiras da vida cotiá daqueles anos. Costa do Solpor comeza cun manuscrito onde un descoñecido escritor británico de finais do século XIX narra as peripecias da viaxe de volta dunha misteriosa goleta inglesa cargada cun fabuloso tesouro. Tras unha cruenta loita cuns piratas nunha illa atlántica, a goleta regresa ao punto de partida, o porto de Bristol, pero unha tormenta obrígaa a buscar refuxio nunha ría da Costa do Solpor. Un membro da Confraría da Man Morta, decatándose da importancia da carga, marcha a uña de cabalo á cidade da Coruña e avisa o capitán dun bergantín pirata fondeado cun nome de conveniencia neste porto. O bergantín sairá ao encontro da goleta coa intención de lle incautar o tesouro. Logo da abordaxe, o grumete da goleta logra salvarse gañando a costa a nado. Os piratas perseguirano a morte pero o rapaz inglés farase amigo dun mozo e dunha moza da beiramar e tratarán, xuntos, de liberar a goleta e salvar os seus tripulantes dunha morte certa. Costa do Solpor foi finalista do Premio Xerais de Novela 2011.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)