Aquí tedes as bases do novo concurso "Detectives na biblioteca" no que teredes que demostrar a vosa habiblidade na busca de información e o manexo dos libros da nosa biblioteca.
Detectives na biblioteca
Bases
O concurso consiste en contestar ás preguntas que se
publicarán no blog da biblioteca e no taboleiro da mesma. Terá una duración de
12 semanas.
As preguntas publicaranse os luns e as respostas conterán
o nome do equipo, número de pregunta e a resposta exacta desa semana, sen emendas nin faltas (será motivo de
anulación). Terán que depositarse antes das 11:45 do venres desa semana, na
furna que para tal efecto se colocará na Biblioteca. So se poderá entregar unha
resposta por equipo participante, sendo causa de anulación da resposta desa
semana a presentación de máis dunha ou a entrega da mesma fora de prazo.
Cada pregunta terá un valor de 10 puntos e cando a
resposta sexa dobre valorarase con 5 puntos cada unha das contestacións
correctas. As puntuacións serán publicadas semanalmente no taboleiro e no blog da biblioteca.
Equipos
Para poder participar neste concurso formaranse
equipos de 3 membros,un deles fará de capitán e será o representante do
equipo ante calquera incidencia. Para formar parte dun equipo a única condición
é estar matriculado no curso 2013-2014 neste instituto en calquera dos cursos
ofertados.
Inscrición
Todos os equipos que queiran participar terán que
presentar na biblioteca do centro o nome
do equipo, o nome dos seus membros e o da persoa que actúe como capitán
antes das 11:45 do día 7 de febreiro.
Calendario
A primeira pregunta será publicada o día 10 de
febreiro. Non haberá concurso nas semanas de Entroido, Semana Santa nin a
semana do 1 de maio.
Gañadores
Resultará gañador do concurso o equipo que ao remate
do mesmo acumule máis puntos. No caso de empate lanzarase unha nova pregunta
aos equipos empatados e será gañador aquel equipo que antes presente a resposta
correcta na biblioteca.
Premios
Haberá un premio único para o equipo gañador que
consistirá nun vale por valor de 60€ en material educativo máis un caderno da
biblioteca.