29.2.16
24.2.16
De cristal de Silvestre Gómez Xurxo (2015) Xerais-Fora de xogo
Este libro reúne cinco
relatos sobre a fraxilidade humana, sobre a vulnerabilidade que padecemos todas
as persoas.Suso, o protagonista do primeiro, «O ratiño negro», vive acurralado
polo medo e non pode deixarse vencer polo mal. Lorena, a do segundo, «O ratiño
branco», comprende que non nacemos co destino marcado e que a vida ten moito de
heroicidade. Amando, o do terceiro, «O gato negro», daría algo por ser como
Xoán Salvador Gaivota, alguén que se esforza en superarse e acadar a liberdade.
Estela, a de «Pavo real», aprenderá que a felicidade non depende da cantidade
de cousas que un teña. Rafael, o do derradeiro conto, «Gulag de galgos»,
descubrirá a certeza da frase de Gandhi: «A grandeza e o progreso moral dun
pobo poden ser xulgados pola maneira de tratar os seus animais.»Cinco relatos
nos que as formas da maldade poñen a proba os medios pacíficos para resistir e
superar a violencia e a intolerancia, mais que non chegan a apagar o facho que
nos proporciona azos para erguernos cada día na procura da felicidade. (Xerais)
15.2.16
El molinero aullador de Arto Paasilinna
10.2.16
4.2.16
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)