O xoves 26 de maio, o club de lectura A Quenda do Libro e os colaboradores da Biblioteca, realizaron unha viaxe a Santiago de Compostela para visitar a Cidade da cultura, o Museo de Historia Natural e o MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia).
Aquí vos deixamos un pequeno resumo desta actividade.
Para celebrar as Letras Galegas aquí tedes o poema "Galicia" de Manuel María que foi musicado por Suso Vaamonde e que podemos escoitar nas voces de Fuxan os Ventos.
A semana pasada no IES Lama das Quendas, organizado polo departamento de Lingua Galega, celebrouse a semana da poesía. Unha das actividades que se fixeron foi un obradoiro de poesía que tivo lugar na biblioteca do centro.
Aquí tedes o resume que da semana da poesía fixo Televinte.
"O vento tolo, na noite corre, brua, berra, brama: ¡eu a escoitalo medoso acochadiño na cama!
Virginia achéganos estes fermosos versos do libro Os soños na gaiola.
"¡defende sempre, deica a moret, a túa total e impagábel liberdade!"
Así remata o poema de Manuel María que nos recita Serxio e que poderiamos aplicar tamén ás persoas.