O pasado venres 26 tivemos unha vez máis a Dosi Veiga de Ceos Galegos ofrecendo unha charla a alumnado de 1º de Bacharelato sobre 'algo máis que astronomía' no Espazo Xove de Chantada. Un luxo!
29.1.24
23.1.24
- 09:09
- Música Na Lama
- galego, Poesía
- Comenta
Este libro contén trinta e tres poemas sobre unha ovella descarreirada, un polbo no garaxe, abellas bailando sen descanso a louca danza da ledicia ou fanecas bravas que ollan en fite a balea azul... Poemas insinuados na casca dun ovo, gravados nunha cabaza seca ou nos relevos dunha noz, enrodelados nunha cana de bambú, ganduxados na muda dun lagarto ou, en último caso, caligrafados en papel de arroz. Carecen de maiúsculas e puntos, non sendo outra cousa que coágulos de fala.
- 09:08
- Música Na Lama
- galego, Poesía, xela arias
- Comenta
En 1996 Xela Arias publica «Darío a diario», un libro de poemas dedicado ao seu fillo, que ofrece unha visión desidealizada e ao tempo fonda e entrañable da experiencia da maternidade. En palabras da propia poeta: «"Darío a diario" non naceu coa vocación de ser o que hoxe é: un libro encadernado e público. Foi, no seu principio, a necesidade imperiosa de explicarlle ao meu fillo o manifesto íntimo e interno de intencións maternas nas que el mesmo, polo feito de existir, me obrigaba a moverme; o compendio de contradicións que a maternidade me provoca.»
Nesta nova edición os poemas veñen acompañados por ilustracións do artista Iván R.
- 09:08
- Música Na Lama
- galego, lgbt+, Poesía
- Comenta
Dende Safo a Mary Jean Chan, gran cantidade de poetas compuxeron ao longo do tempo versos que daban conta de diversas identidades e orientacións sexuais. En Campo de plumas, Jesús Castro Yáñez escolle algúns deles e dálles forma en galego, con gran coidado e sensibilidade. Nesta escolma os poemas manteñen unha relación fluída e natural entre si e dialogan coa mocidade de hoxe.
- 09:07
- Música Na Lama
- galego, Poesía
- Comenta
O mundo que habitarán e contribuirán a crear as adolescentes non podemos controlalo. Mais se puidésemos darlles un amuleto para que o levasen no peto, ese amuleto sería a coraxe. E por iso, no canto dunha espada ou dunha estrada de ladrillos amarelos, dámoslles un libro. Esta escolma de poemas saídos da mente e do corazón dalgunhas das poetas máis potentes e representativas do panorama actual pretende ser unha despensa sen fondo da que nenas, rapazas e mulleres extraian a ración exacta de coraxe que a vida lles pida a cada momento.
- 09:06
- Música Na Lama
- galego, Poesía
- Comenta
Fran Alonso volve sorprender desde a poesía infantil e xuvenil, cunha ollada interdisciplinar, fundindo a frescura e a forza dos versos coa improvisación rebelde da "street art". Este é un libro de poemas inconformistas, críticos, gamberros e combativos; disparos de graffiti que poderían ser escritos nos muros e rapeados con pintura nas paredes, seguindo a estela da arte na rúa, un libro que procura espazos de confluencia entre as artes plásticas e a poesía. Os poemas de "Street Poems", volven mostrarnos un autor atrevido, capaz de actualizar e sacudir o lectorado de poesía infantil e xuvenil.
- 09:05
- Música Na Lama
- galego, grecia, mitoloxía
- Comenta
Toda a maxia e a beleza da mitoloxía aparecen nos catorce mitos gregos desta antoloxía, que son recreados con cativadora amenidade. O libro explica, entre outras historias, a loita de Teseo contra o Minotauro, la lenda da caixa de Pandora, o desafortunado voo de Ícaro, a viaxe de Orfeo aos infernos e la astucia do cabalo de madeira co que Ulises puxo fin á guerra de Troia.
18.1.24
Bases:
I. As composicións, que deben ser presentadas de xeito individual, poden ser tan extensas como queirades e terán como temática sentimentos como o amor e a amizade.
II. Poderán estar escritas tanto a man como a máquina ou computador, con boa caligrafía, sen faltas de ortografía, con limpeza e orde, indicando o curso, nome e apelidos da autora.
III. Deberán estar escritas en lingua galega e ser orixinais.
Prazo e lugar de entrega:
O prazo de entrega de cartas finaliza o venres 9 de febreiro ás 11:45 e terán que ser depositadas na urna de San Valentín situada na Biblioteca.
Premios:
Haberá un 1º premio (lote de libros e consumición de bocadillo e bebida para dúas persoas na cafetería do IES) e un 2º premio (lote de libros).
O xurado poderá declarar deserto o premio se as obras non cumpren as bases ou se considera que non teñen a calidade suficiente.
Organizan
Equipo da Biblioteca e de Dinamización Lingüística
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)