A publicidade dunha marca de brandy insistía hai varias décadas en que o fútbol era cousa de homes. Mentira! A relación da muller co deporte rei comeza milenios antes da súa estandarización por parte dos ingleses en 1863, resistindo heroicamente desde aquela a todos os intentos de afastalas da súa práctica. En Historia do fútbol feminino en Galicia repásase todo ese traxecto de resiliencia e sororidade, con especial énfase na súa historia en Galicia, desde os tempos da pioneira, Irene González, ata a actualidade, en que a xeración de ouro das Vero Boquete, Mari Paz Vilas e compañía comeza a deixar paso a unha nova fornada de talentos, narrado cun estilo ameno, pero rigoroso, que se combina con entrevistas ás protagonistas e outras colaboracións de primeiro nivel.
4.12.24
Unha historia de intrigas e traizóns no Alto Exipto. Hermontis é unha cidade tranquila, lonxe da trasfega cosmopolita de Menfis e do esplendor crecente de Tebas. Nun lugar así non acontecen grandes tramas. Por iso, o intento de asasinato do gobernador foi tan inesperado. Como ían imaxinar Harsa e Takara que a investigación dun pequeno incendio os levaría a esclarecer un caso tan importante?
Helena ten 13 anos e os domingos lelle á avoa as cartas que envía o seu tío favorito, Leandro, que marchou ao Brasil e xa nunca volveu. Un día chega unha que informa da súa morte nun accidente de tráfico en Río de Xaneiro. A familia sospeita que foi asasinado e fala con Helena para lle facer unha encarga insólita: deberá mantelo con vida para que a avoa non o saiba. Deste xeito, Helena escribirá esas cartas do Brasil e converterase nunha escritora precoz, construíndo unha realidade alternativa que nos descubrirá os misterios dunha morte inesperada e todos os silencios dunha familia tocada pola emigración e a desgraza.
O Dicionário ilustrado - Dicionário de Português Língua Não Materna - pretende ser um apoio útil na aprendizagem da língua portuguesa.
Organizado por temas, as suas páginas coloridas ilustram de forma clara mais de 1300 palavras e expressões agrupadas em 47 blocos.
As cores em que estão escritas identificam o nível de aprendizagem a que estão associadas. A cor vermelha corresponde ao nível de iniciação, a cor azul ao nível intermédio e a cor verde ao nível avançado.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)