Un asunto por resolver. Tres verdades apócrifas na pulcritude da neve. A chegada duns forasteiros. O inverno da montaña como pano de fondo. As voces que artellan esta historia recóndita mergullan nun pasado de enganos, rancores, envexas, silencios e amores que saen á luz cando un estraño acontecemento revoluciona a tranquilidade de toda a contorna. Contada a través de monólogos improvisados, a narración vaise es- truturando ou quizais desestrutu- rando en verdades superpostas e por veces antagónicas, ao tempo que todo adquire o carácter dunha gran metáfora.
5.11.25
As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empezou a ir en serio coas apostas semella outro. O que antes era pura diversión converteuse nun pesadelo. Case sen decatarse, Corvo acaba metido nunha rede de problemas da que semella imposible saír.
Uns restos arqueolóxicos de orixe galega que se atopan en Roma son roubados cando viaxan de volta a Galicia. Anxela, unha nena de 12 anos, atopa un gato de tres colas, con poderes máxicos, que é exactamente igual ao que estaba gravado no petróglifo roubado. De onde procede ese gato? Como puido chegar ata unha necrópole romana? Que interese hai detrás do roubo? Unha novela de maxia, intriga e acción que nos transporta á Galicia castrexa e á época da romanización.
Un astrolabio, unha viaxe en barco que partiu da Coruña hai cincocentos anos, un peculiar ancián envolto en misterio e intriga, un estraño diario e unha árbore que non debería estar aí configuran a trama desta novela; ao longo das súas páxinas, os membros da Banda do Cigurat deberán enfrontarse a un enigma que rodea a cidade herculina, e que foi pasando de xeración en xeración, ampliándose ao longo dos séculos.
A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva. A miña tribo é unha delas. Eu son Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. E esta é a miña historia.
Cando o seu pai desaparece misteriosamente, Roberta, Peter e Phyllis deben deixar a súa vida confortable en Londres para instalarse nunha modesta casa de campo. A súa nai ponse a escribir para obter uns ingresos que apenas chegan. Os nenos pasan o tempo na estación de tren, onde fan amizade co mozo das maletas, co xefe da estación e cun pasaxeiro ancián que lles axudará a resolver varios problemas e, finalmente, a traer o seu querido pai de volta á casa.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)







