27.11.18

Unha historia na que as novas tecnoloxías interveñen. para ler en francés.



Selma se connecte de Régine Boutégège
Ed. Vicens Vives.2015

Selma est une adolescente comme tant d'autres. Dans sa vie, ce sont les amis, l'école et ses deux maisons - celle du père et celle de la mère - et les dimanches ennuyeux chez les grands-parents maternels. En outre, friendBook, le réseau social où vous avez de nombreux amis. Un jour, elle reçoit une étrange demande d'amitié ...
Sempre é o día de loitar contra a violencia. Sempre é o día de poñer en práctica a defensa das mulleres e procurar a desaparición da violencia.
Lembrade que hai violencia física, verbal , psicolóxica...Non a consintades!! Axudade a quen vedes qeu a está padecendo!!
No recuncho de conmemoracións tedes algúns libros nos que as mulleres son sofren violencia. Cando os lemos quédanos un mal corpo que nos fai fortes e anímanos a perseguir unha convivencia pacífica e respectuosa.
As novas xeracións tedes moito que facer e dicir neste tema.
Vós podedes!!

26.11.18

Os pacientes que acoden ao servicio de urxencias parecen tolos que son atendidos por uns sanitarios aínda máis tolos, provocando o riso cos seus diálogos cheos de xogos de palabras con dobre sentido.


Servicio de urxencias de Suso de Toro
Ed. Xerais.2002
A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena, Xefe do Servicio de Urxencias son os personaxes principais destas desternillantes quince minicomedias de situación que Suso de Toro preparou para televisión e que agora se publican, por vez primeira, recollidas nun libro. Quince guións da serie Servicio de Urxencias, emitida pola TVG en 1989, dirixida por Xaime Fandiño e protagonizada pola desaparecida Marisa Soto, e por Luma Gómez, Manuel Pombal e Antonio Durán Morris.
O espacio reducido do servicio de urxencias dun hospital galego, (as cabinas, as salas de agardar dos pacientes e a sala do persoal) serviulle a Suso de Toro para propoñer unha divertida escenificación do teatro da vida: os noivos intoxicados no banquete da súa voda, as propiedades curativas que poden ter os callos, uns vídeos pornos que provocan infartos, o papá Noel duns grandes almacéns que recibe unha boa vareada, son algunhas das situacións que se recollen neste libro tinguido de humor e retranca de arriba abaixo. Expléndidas minicomedias para gozar da súa lectura e para ser representadas polos mozos e mozas .
Lectura en francés para os principiantes neste idioma.


Halloween chez Dracula de Ruth Hobart
Ed. Vicens Vives.2014

La famille Horreur reçoit une invitation : c’est la fête d’Halloween et Dracula invite toute la famille à venir s’amuser dans son château en Transylvanie. Mais attention, le voyage ne sera pas de tout repos ! Suivez la famille dans ses aventures à travers l’Europe et venez vous amuser avec elle au château de Dracula. Vous n’allez pas vous ennuyer !

23.11.18

Humor negro en femenino para la primera novela de la ferrolana Carolina Pernas


Invisible de Carolina Pernas
Ed. Embora,2018
Una mujer gris, anodina, olvidada y que se siente invisible ha decidido finalmente hacerse notar. Y se lo está tomando muy en serio puesto que no tiene nada que perder. Al final del camino está el suicidio, pero antes tiene cuentas que saldar, "amigos" con los que reencontrarse y mucha puesta en escena que organizar, porque su salida de este llamado teatro de la vida va a ser todo un espectáculo. Hay que apuntarse a un gimnasio para presentarse lo mejor posible en la mesa de autopsias y pintar el salón para que lo encuentre bonito la policía cuando venga a levantar el cadáver. Un cadáver que va a parecer una estrella de cine, con extra de maquillaje y vestuario incluido. Porque no hay humor más negro que aquel que juega con los sentimientos más profundos, este libro está escrito para hacer reir, pensar (sin pasarse) y ayudar a hacer un poco más visibles a las mujeres que se quedan en las esquinas sujetando los bolsos de sus amigas en las fiestas y les prestan dinero para viajes a los que no están invitadas.

22.11.18

Un feixe de relatos quizás inspirados, como fai pensar o título deste libro, naquel modelo que Julio Cortázar fixo célebre cando explicaba como subir unha escaleira ou como darlle corda a un reloxo. Todos eles, ademais, insírense nunha tradición do que se podería chamar “micronarrativa”, homenaxeando por unha banda voces que van de Castelao a Dieste mais tamén aqueloutras que se quixeron achegar, conscientemente, á narrativa dominada polo humorismo e o enxeño como a que se encerra en propostas de Afonso Álvarez Cáccamo ou de Gonzalo Navaza.


Instrucións para tomar café de Manuel Núñez Singala
Ed. Galaxia ,2017
Un concentrado de narracións que inclúe, en pouco máis dun cento de páxinas, catro volumes diferentes: un libro de reclamacións, un libro de estilo, un libro de instrucións e un libro de contos. Os temas dos relatos poden dar unha pista, ou se cadra todo o contrario: estes textos están escritos partindo do que parece non ser, condición sine qua non para chegar a ser algo. Entre eles, por exemplo, un "libro de instrucións" para non galegos dirixido precisamente a estes.
Así, algúns títulos que falan de seu: "Cocido familiar", "Amputado", "Gastronomía transfronteiriza", "Poesía oriental", "Instrucións para parecer intelixente", "Instrucións para parecer galego I, II e III", "Instrucións para falar do tempo", "Sacrificio", "Competencia" e "Pro – dutividade". Neste conxunto de relatos indágase sobre nós mesmos, sobre o que nos fai grandes como seres humanos e tamén arredor das nosas mesquindades, sobre o que nos define como persoas e como galegos, e todo isto dende a ironía, cunha perspectiva impregnada de humor e retranca.
Arredor de 60 textos nos que hai libros que falan de libros que conteñen libros 
que nos poden enfermar ou sandar ou sandar ou sacar o mellor de nós, que pode ser o peor.


Bibliópatas e fobólogos de EmmaPedreira
Ed. Galaxia,2017
Un mollo de relatos, dende micros a máis longos, nos que a trama e o desenlace se adiviñan entre páxinas, entre lombos de volumes curiosos para xente así de curiosa: os biblíopatas e fobólogos. Libros polos que matar e polos que vivir.
Libros que dan a vida e a quitan. Personaxes nos lindes da razón que atopan na lectura, nas letras, nas semánticas máis estrañas, a súa razón de ser ou un motivo para mandar. Unha proposta literaria de Emma Pedreira, unha das autoras con máis proxección da literatura galega actual.

21.11.18

Un relato en primeira persoa, que analiza as condicións económicas e sociopolíticas nas que se produce, na actualidade, o coidado dos fillos. Reivindicando o que poderiamos chamar unha ética dos coidados contra os tópicos. Sen caricaturas.

Maternidade fóra de catálogo de Marga Tojo
Ed. Xerais ,2018
"Maternidade fóra de catálogo" é un ensaio próximo ao xornalismo narrativo. Parte dun relato en primeira persoa, mestura de crueza e humor, que aborda a crianza no contexto da cidade neoliberal. Arrinca no embarazo, onde constata a activación de mecanismos sociais para marcar a entrada nunha nova categoría preconfigurada. Descobre tamén as barreiras e os tabús de ser madrasta. Desenvólvese durante o asentamento en Madrid da autora e da súa filla aos poucos días de nacer. No medio desa experiencia "Maternidade fóra de catálogo" analiza as dificultades, a ausencia de políticas sociais e de axudas para a familia, a imposibilidade de conciliar, a precariedade, as engrenaxes do crecente modelo de explotación laboral coa ficción do emprendemento, a negación sistémica do gozo e da paixón, o cansazo e a pechazón ante a evidencia de novas realidades familiares. Fala tamén esta obra da separación das amigas que non tiveron fillos, da importancia de seguir defendendo esta opción vital e da necesidade de camiñaren xuntas. Detense nas orixes e traxectorias do aleccionamento ás nais, co valente testemuño doutras mulleres, e na demanda dunha nova masculinidade, á cal tamén se lle dá voz. "Maternidade fóra de catálogo" pon fronte a nós o abismo da disgregación co selo do mercado e algunhas opcións para sobrevivir.

20.11.18


Os prexuízos contra o colectivo trans  materializanse a través dun entorno que nega a identidade de André que busca atoparse e loita contra a ansiedade, que lle produce un pai que catalogou o seu fillo de monstruita, contra a depresión e o acoso que sofre na escola.
André atopa un refuxio nos heroes das historias da banda deseñada e segundo medra o personaxe cambian os seus referentes.


Fóra do normal de María Reimóndez
Ed. Xerais ,2018
André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural e a súa forma de entender a vida allea ao contexto urbano no que se ve obrigada a inserirse. Axiña, a amizade de André e Mucha pasará a verse ampliada nunha especial Patrulla Trans, grazas a Martín e Xela, outras dúas persoas moi distintas que axudan a André a comprender que cómpre coñecer para querer. Así, por fin amparado pola súa rede afectos e pola lectura das aventuras dos heroes do cómic clásico, un camiño para a comprensión do mundo, André asumirá que para a superación dos conflitos a auténtica fortuna reside en rodearse de persoas que non teñan medo a ser quen son: «no medio da treboada, a única heroicidade é resistir»."Fóra do normal", novela gañadora da primeira edición do Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, identifica os heroes e as heroínas contemporáneas entre aquelas persoas que só con existir e non ceder a domesticarse están mudando o mundo.
Hoxe conmemórase o día de todos os nenos e nenas do mundo.
Dende 1954 , cada 20 de novembro temos este día para fomentar a fraternidade entre os nenos e nenas do mundo e promover o seu benestar con actividades sociais e culturais.
Este ano, especialmente, pídeselle aos novos dirixentes mundiais que se comprometan para facer realidade os dereitos de nenos e adolescentes de hoxe e das vindeiras xeracións.
Convídannos a que ,quen queiramos, nos pintemos de azul facendo ou vestindo algo de cor azul de modo simbólico.
No noso recuncho de celebracións tedes o Decálogo dos Dereitos dos Nenos e Nenas e libros e películas que , dalgún xeito, están relacionados con cada un deses dereitos.
Podedes miralos, collelos e levalos emprestados para tomar conciencia da problemática que viven outros nenos e nenas porque é hora de ir tomando conciencia,non?

19.11.18

Unha nena que non se identifica co sexo e xénero asignado ao nacer e que  sente unha admiración especial por todo canto representa a figura de Ziggy Stardust, é dicir, a súa androxinia e a súa música.

Mamá, quero ser Ziggy Stardust de Iria Misa
Ed. Xerais ,2016
 Aine contaba nove anos a primeira vez que viaxou cos seus pais de vacacións. Naqueles días, ademais de percorrer a cidade, visitaron unha exposición. Era sobre unha estrela de rock que mudaba de aspecto coma os camaleóns. Un arreguizo estraño percorreulle o corpo cando se fixou na roupa que vestía, pois non soubo se era de home ou de muller. Emocionouse ao ver que tiña o cabelo roxo, tan semellante ao seu. Escoitou aquela canción que falaba dun extraterrestre que só quería cantar e bailar e tivo unha revelación: Aine, de maior, sería igual que Ziggy Stardust, un músico marciano que podía ser todo o que lle dese a gana. Coa axuda de Thomas, o seu inseparable amigo imaxinario, íao lograr.
Dúas historias paralelas, a de Malena e a de Cleofar, que nos fan reflexionar acerca da lacra social que supón a violencia machista en todas as súas vertentes, e do pouco que cambiaron as cousas dende a época medieval ata a actualidade.

A cova da moura de natalia Carou Figueira
Baía Edicións. 2017
 Malena e Mateo, o seu antigo profesor da facultade de Historia, son os encargados do anteproxecto de restauración do castelo de Soutomaior. Durante a súa visita atopan por casualidade un manuscrito dunha moza chamada Cleofar, que habitou no castelo no século XVI nun misterioso lugar chamado a Cova da Moura, onde relata os abusos que sufriu a mans do señor do castelo, don Pedro de Soutomaior, neto do infame Pedro Madruga. Atopar ese lugar será algo primordial antes de devolveren as chaves do complexo. A Cova da Moura garda no seu seo un material valiosísimo que poñerá de manifesto a verdadeira personalidade e identidade dos habitantes do castelo. As dificultades de Cleofar para entrar no castelo e cobrarse vinganza pola afronta sufrida, a súa infancia na aldea de Seredia e a súa difícil vida na Cova da Moura, mestúranse dun xeito paralelo coas vivencias de Malena e Mateo: as tráxicas circunstancias da infancia de Malena, a relación existente entre os protagonistas e a ambición de Mateo.

16.11.18

Bebedores de sangre, libros prohibidos, oscuros ritos…El terror llama a tu puerta.

La maldición de la banshee   de José María Latorre

Loqueleo. Santillana. 2016
La vida de Alice cambia por completo cuando es obligada a abandonar el internado en el que vive para trabajar en Kavanagh Hall, una apartada mansión, lejos de la ciudad. Tendrá que hacer frente a un inquietante destino impuesto por la directora, lleno de temores y malos presagios, personificados en la figura de la banshee. La muerte es una constante amenaza y un amuleto rúnico y una cruz celta, la salvación.
El abismo de Diablo es continuación de La sima del diablo, con la que comparte escenario y personajes, pero puede ser leída independientemente de su predecesora.


El abismo del diablo de Heinz Delam
Loqueleo.2016
 Yraya y Liam han quedado atrapados en una extraña isla donde ocurren fenómenos inexplicables. Mientras tanto Carlos, angustiado por la desaparición de su amada Yraya, está convencido de que podría llegar hasta la isla y rescatarla con la ayuda de un curioso instrumento de navegación, un sextante del siglo XVIII, que perteneció al incansable aventurero Jacques Vallencourt. Pero todo se vuelve contra ellos y deberán enfrentarse a oscuros poderes, empeñados en acabar con sus vidas.

Coñece a nosa biblioteca

Formación de usuarios

Búsqueda avanzada no catálogo

Biblioquendas dixital

E-book

Arquivo

Scoop das bibliotecas escolares de galicia

Bibliotecas escolares de Galicia

El Quijote interactivo

Letras galegas 2026

Letras galegas 2026
Begoña Caamaño

A fume de qarozo (Radio)

Quendas de colaboradores

A quenda do libro

A quenda do libro
Club de lectura.

Correo

Correo
Manda as túas colaboracións a: biblioquendas@gmail.com

Un ano de poesía

Os nosos blogues

Entradas máis visitadas

Estatística

Visitas


Etiquetas

20N (1) 25N (5) 3D (1) 8M (5) a fume de qarozo (2) Acoso (1) actividade (1) actividades (67) Actividades na biblioteca (7) Adolescencia (11) Agasalla cun préstamo (3) agradecementos (6) Álbum ilustrado (8) almorzo saudábel (1) álvaro cunqueiro (1) Amistad (6) Amizade (88) Amor (95) Animación á lectura (5) Anime (3) Ánime (1) Antonio Escohotado (1) antropoloxía (1) arqueoloxía (1) arquitectura (1) arte (8) arte castrexa (1) arte galega (1) artes plásticas (8) artigos xornalísticos (1) as outras (1) astronomía (7) Atención á diversidade (1) Autoestima (11) Aventuras (42) avisos (1) Banda deseñada (121) banda deseñada castelán (13) banda deseñada galego (24) banda deseñada portugués (6) begoña caamaño (4) biblia (3) bibliopoleiro (1) Biblioteca (4) biblioteca escolar (2) Bibliotecas e librerías do mundo (3) Biodiversidade (2) Biografía (29) biografias (3) biografías (14) bioloxía (2) botánica (1) Botellón poético (1) caixas de amor (1) caldo de gloria (1) camiño de santiago (3) Campañas (6) canto gregoriano (1) cartas de amor (12) castañazo rock (1) castelao (1) catálogos (1) cd (1) ceos galegos (3) chantada (3) chus pato (3) Ciencia (18) Ciencia ficción (45) ciencias sociais (1) Cine (26) Cine de animación (14) cinema (6) cinema galego (4) clásicos (3) Club de lectura (37) Colaboracións alumnos (12) Colaboradores da biblioteca (11) Cómic (11) Cómic poético (1) concerto (10) Concursos (33) condado de pallares (10) Conmemoracións (32) Consumo (3) contaminación lumínica (1) Contos (19) contos de medo (2) Convivencia (6) Correlingua (2) COVID-19 (1) Culturas (4) curandeiras (1) curso de cómic (1) curtametraxe (4) Curtas (4) danza (1) darío xohán cabana (1) debuxo (4) Deporte (2) dereito (1) Desarrollo personal (2) Detectives na biblioteca (13) Día da Filosofía (1) día da ilustración (2) día da muller e a nena na ciencia (2) Día da non violencia (3) Día da Paz (2) Día da poesía (6) Día das bibliotecas (7) Día das escritoras (10) día das letras galegas (30) Día das librarías (1) día das mulleres escritoras (2) día de rosalía de castro (17) Día do libro (51) día do teatro (1) Día do usuario de bibliotecas (1) Día dos nenos (1) día escolar da non violencia e a paz (1) Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (6) Día Internacional da Muller (2) Día Internacional das Persoas con Discapacidade (1) día internacional do libro (1) día internacional do libro infantil (1) día mundial da filosofía (1) día mundial da poesía (1) diccionario (3) dicionario (1) didáctica (3) dinamización (1) dinamización da lingua galega (1) Discriminación (2) distopía (2) Divulgación científica (24) Documentais (10) DVD (8) e-Book (2) E. Ambiental (2) E. Moral e Cívica (14) E. para a saude (8) Ecoloxía (10) economía (3) educación (6) Educación emocional (3) Educación para la salud (1) Educación sexual (9) educación social (1) eduga (1) El bostezo del puma (1) el principito (1) Emigración (6) enciclopedia (2) encontro (2) encontro con autoras (1) Encontros con autoras (5) Encontros con autores (36) enquisas (1) Ensaio (22) ensaio castelán (3) ensaio galego (15) Ensino público (3) Entroido (9) entroido ribeirao (2) escolas agrícolas (1) espantamos o medo radio (1) espazo xove (7) Espionaxe (7) etnografía (9) existencialismo (2) Explotación infantil (1) exposición (5) expresionismo (1) Fábula (2) Familia (6) fantasía (14) fantasía épica (4) Fantástico (35) fanzine (5) federico garcía lorca (1) feminismo (13) ferro couselo (1) filósofas (1) Filosofía (36) Física (1) Florencio Delgado Gurriarán (4) folión de carros (2) folk (1) Fomento da lectura (22) fotografía (4) Fotos (1) francés (44) francisco fernández del riego (2) Futbol (1) galego (19) galego internacional (1) grecia (3) grecia antigua (1) grego clásico (1) Guías (2) Guías de lectura (3) hábitos de lectura (1) Haikus (2) Halloween (2) haruki murakami (1) Historia (17) historia de galiza (21) historia universal (6) Histórico (28) Hjørring Gymnasium (14) Homenaxes (1) Humor (16) IA (1) Igualdade (37) ilustración (1) imperio romano (2) inclusión (3) Inglés (14) Internet (1) Intriga (19) jazz (1) Justicia (1) lamañazo rock (39) latín (1) Lecturas confinadas (2) Letras galegas (269) lgbt+ (1) LGBTIQ (1) Liberdade (6) libro dixital (1) libro ilustrado (30) libros (3) Libros dixitais (3) Libros en inglés (4) Libros francés (5) Lingua (2) lingua galega (1) linguas (2) lingüística (2) lírica medieval galego portuguesa (1) literatura clásica (6) literatura fantástica (10) literatura gótica (1) Literatura xuvenil (295) Lois Pereiro (2) luísa villalta (5) mafalda (1) Magosto (2) Manga (52) manual de combate (1) manuel antonio (1) manuel maría (1) Marxinalidade (1) Mascota (1) Matemáticas (6) maxia (1) medicina (1) medio ambiente (1) memoria histórica (2) Mercado de libros (15) mes da ciencia en galego (9) metal extremo (2) Microrrelato (1) Misterio (41) mitoloxía (7) moda (1) morte (1) Muller (15) mulleres (1) mulleres poderosas (27) museo etnolóxico de ribadavia (11) Música (32) música antiga (1) música das esferas (3) música popular urbana (37) música tradicional galega (1) Nadal (4) Narrativa (312) narrativa castelán (114) narrativa catelán (1) narrativa francés (1) narrativa galego (130) narrativa inglés (11) narrativa portugués (2) narrativa traducida (1) noivdades (1) nós (3) novela castelán (4) Novela histórica (11) Novela negra (20) Novidades (567) nutrición (1) oralidade (1) ortografía (1) paisaxe (1) pandemia (1) partituras (1) Paz (20) pedagoxía (1) pintura (1) podcast (2) poesia (1) Poesía (319) poesía castelán (9) poesía galego (38) poesía inglés (1) Policíaco (40) política (1) Portugués (15) Prehistoria (2) Premios (8) primeira guerra mundial (1) protocolo (2) psicoloxía (3) pulp (2) punk (1) quendas estrañas (1) radio (23) rafa lobelle (4) rafael dieste (1) ramón m. aller (1) rap (1) recital (6) recomendacións (1) Recomendacións de lectura (11) relatos (14) relatos castelán (5) Relatos con banda sonora (10) relatos galego (5) Relixión (7) Reportaxe (1) república española (1) Respecto (1) Responsabilidad (1) revista (2) revolución francesa (1) revolución rusa (1) ricardo carvalho calero (21) Robótica (2) rock (1) romanización (1) rosalía de castro (3) sala de lectura (1) Salvando libros (1) salvaxe oeste (1) Samaín (1) San Valentín (28) saúde (1) segunda guerra mundial (3) Semana da poesía (10) socioloxía (1) Solidariedade (33) STEM (26) Superación (4) superheroes (2) Surrealismo (1) Suspense (14) taller de creación (9) Teatro (8) teatro castelán (2) teatro clásico (3) teatro escolar (1) teatro galego (20) teatro inglés (2) tecnoloxía (4) Terror (44) Tolerancia (25) tradición oral (1) Tradicións (11) Un ano de poesía (230) Valores (20) vangardas (1) vázquez pintor (1) Viaxes (10) vieiros (1) Violencia de xénero (18) voces ceibes (1) x (1) xacias (2) xadrez (5) xela arias (5) Xeografía (5) xeración do 27 (1) xincana (1) Xogos (8) Xogos populares (5)