Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía, a vinganza, a suplantación de identidade, o amor polos libros, o contrabando ou a orfandade son algúns dos temas que compoñen este libro estremecedor onde o pano de fondo sempre é a guerra. Como xa fixera en As Rulas de Bakunin, Laura no deserto e O paraí-so dos inocentes, Antón Riveiro Coello pon de novo os seus personaxes en situacións límite para que nos ofrezan o mellor e o peor de si. Relatos duros que nos enfrontan co espello para sabermos o lugar que poderiamos ocupar en conflitos tan diversos como os que acollen estes relatos. E tanto ten que a guerra se desenvolva en Ucraína, Siria, Rusia, Vietnam ou na raia seca ourensá. O importante nestas historias é o resultado conmovedor dunha escrita poderosa que, unha vez máis, ispe os personaxes para os deixar nunha intemperie que tamén podería ser a nosa.
31.1.23
27.1.23
24.1.23
Cando a tía Aixa chega á casa dos seus sobriños, ningún deles pode sospeitar que exista un xeito de vivir unha historia de aventuras máis alá da videoconsola. Pero a tía ensínalles os xogos de rol, onde só precisan a súa imaxinación, que os levará ao século XVIII. Alí, en plena época dourada da pirataría, acompañarán a Tru’an, Kack’tar, Mario, Antonio e Botas nunha aventura digna do máis temíbel dos piratas.
Un cativo descobre na biblioteca da súa defunta avoa un libro que narra as aventuras do Cabaleiro de Prata. Este intrépido loitador, na compaña do seu fiel escudeiro, debe percorrer as terras que fagan falta, axudando a quen o precise, até descubrir o seu propio reino. Na súa xesta, atravesará torres, cidades e illas cheas de maxia. Co fin de cumprir a profecía que marca o seu destino, tamén se enfrontará a dragóns, magos, encantadoras, xigantes e mesmo a outros cabaleiros que non sempre son o que aparentan.
Los Reinos de él Ajedrez’ es un cómic con temática de ajedrez en el que viajaremos a través del espacio tiempo para ver en primera persona las batallas más apasionantes vividas y protagonizada por unas piezas animadas muy locas y divertidas. Las historias aquí contadas son historias reales que transcurren sobre las 64 casillas.
Este cómic no te enseñará a jugar a un de los juegos más antiguos de la humanidad, sino que mostrará el dinámico y divertido que es el ajedrez, ilustrando partidas y jugadas reales de una forma diferente.
Nos anos 50 do século XX o rock apareceu como un terremoto que sacudiu o mundo. Moitos pensaron que se trataba dunha moda pasaxeira, pero trabucáronse totalmente. Aquel son que impulsaron artistas como Chuck Berry, Elvis Presley e Jerry Lee Lewis puxo a xente a bailar e desatou unha tolemia colectiva que pervive aínda hoxe. Mantivérona vixente artistas como The Beatles, Janis Joplin, Led Zeppelin, Ramones, Queen, Blondie, Bruce Springsteen e Joan Jett, entre moitos outros que completan estas páxinas. Son as portas de entrada para as novas xeracións a un mundo fascinante.
Manuel Antonio e mais nós é unha obra homenaxe a Manuel Antonio, un dos persoeiros principais da historia cultural de Galicia do século XX.
A publicación configúrase como unha obra colectiva, na que unha pluralidade de voces e puntos de vista cualificados reúnense para iluminar o legado literario, intelectual e político deste xenial rianxeiro, autor do manifesto íMáis alá! e do libro De catro a catro; fitos claves para explicar a cultura contemporánea da nosa terra.
18.1.23
Dende as aulas de Lingua e Literatura Galega de 1º de Bacharelato do profesor X. Carlos G. Freire o alumnado anda a promocionar o patrimonio paisaxístico e monumental chantadino. Un traballo fantástico!
https://www.youtube.com/@LamadasQuendas22-23/featured
https://www.youtube.com/@LamadasQuendas22-23/featured
Visados extraños y (des)amor cósmico es la primera incursión en la poesía del novelista y relatista Tomás G. Ahola. El libro se estructura con un hilo conductor, “ella”, que protagoniza todo el periplo poético a través del amor, los viajes y el desamor. El libro nos lleva a diferentes puntos del mapa: Francia, EE. UU., Cabo Norte, Tailandia, Mongolia, Siberia…, donde Ella y Él van desplegando su amor, creyéndolo inmortal, hasta que finalmente éste se rompe. Es entonces cuando Ella decide continuar su viaje sola y buscar un lugar donde descansar, que encuentra en Canarias. Es en las Afortunadas donde, al fin, decide concluir la vida en la carretera y entierra su (des)amor.
Emily Dickinson era una gran poeta cuya vida continúa siendo un misterio. Sus poemas, breves, intensos y contradictorios, nos revelan un alma enigmática. Por ello, su obra no puede abordarse con un criterio puramente textual. Isabelle Arsenault muestra una rica comprensión de su poesía, creando una meditación sutil sobre la vida de Dickinson y cómo esta influye en su verso.
Joe Chip viaxa cun grupo de antipsíquicos a Luna co fin de solucionar os problemas que sofre a empresa do seu xefe, Glen Runciter, pero caen nunha trampa mortal trazada por telépatas infiltrados. Ao seu retorno á Terra, no funeral de Runciter, o grupo decátase de que a realidade vai cara a atrás e atopa mensaxes do defunto en lugares insospeitados. Cando os seus compañeiros e compañeiras comezan a morrer, Joe Chip dá en se cuestionar o que hai detrás: será a obra dunha nova axente con estraños poderes?, ou tratarase dun inexplicábel engano?, talvez sexan eles os mortos? A única resposta ten que ver cun estraño produto coñecido como Ubik.
A través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxe durante unha parte do século XX, desde a Galicia da que ela era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu vivir durante a Ditadura e na que continuou exercendo a súa profesión, curandeira, a pesar da incomprensión que a rodeaba e da incredulidade de persoas con ignorancia invencible, que non entendían ou que non querían saber.
Creado en estrecha colaboración con Marvel, esta nueva edición ampliada y actualizada cubre más de 80 años de la historia de Marvel, desde la primera publicación de Timely Comics hasta hoy en día. Repleto de material gráfico y reproducciones de los cómics originales, Marvel año a año ofrece un repaso cronológico de las trayectorias de los grandes superhéroes de Marvel: Los Vengadores, Spider-Man, Pantera Negra, el Hombre de Hierro, la Viuda Negra, los Guardianes de la Galaxia… y de los escritores y artistas que los crearon.
Este Tomo II é a visión dunha Galiza que entra nunha encrucillada crítica, conflitiva. O reino enfrontouna desde unha estratexia que mantiña os obxectivos que deran lugar ao momento de maior esplendor cos reis Fernando II e Afonso VIII, en defensa da capacidade de decisión do reino. Fíxoo cunha visión que aliaba o mellor da nosa tradición histórica coa asunción de mudanzas, económicas e sociais, que tiñan, na Galiza, manifestación avanzada. É por iso que a análise desta conxuntura crítica na segunda metade do século XIV, no contexto dunha guerra peninsular e europea, e as súas causas, resulta máis clarificadora e fundamentada se se coñece a historia galega dos séculos anteriores, o que pretendemos co Tomo I.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















