23.4.21
19.4.21
11:06
Música Na Lama
Novidades, Portugués, Teatro
Comenta
E se, de repente, te visses a bordo de um navio de piratas? Não fazes ideia de como foste lá parar, só sabes que tens de salvar a tua mãe, mas o Capitão toma-te por um dos seus grumetes… No meio do desespero, acordas e pensas que tudo não passou de um terrível pesadelo. Mas logo te apercebes que ainda trazes na cabeça o lenço vermelho de pirata… Terá sido sonho ou realidade?
Segunda entrega dunha serie de catálogos do Museo Etnolóxico destinados á catalogación e difusión de pezas, aparellos e elementos culturalmente significativos das coleccións vitivinícolas. Publicado no núm. 1 desta serie un catálogo de elementos misceláneos da colección do Museo Etnolóxico, procede agora a edición do primeiro número monográfico relativo aos fondos representativos do obradoiro dun toneleiro.
10:56
Música Na Lama
Guías, Novidades
Comenta
Para mirar máis alá da crise do coronavirus e do Xacobeo 2021, o Eixo Atlántico de cidades de Galicia e o Norte de Portugal vén de editar unha guía turística que baixo o título Un camiño de futuro pretende dar a coñecer a eurorrexión á súa propia cidadanía.
12.4.21
Dril e Gat viven no Val, que é un lugar pequeno pero confortábel. Alí non hai guerras, tampouco propiedades. Todo o mundo colabora no sustento dos demais. O mellor de todo é que a través dos cristais do Val vense as estrelas máis fermosas.
Porén, algo terríbel acontece e de súpeto acaban nun lugar inmenso e estraño ao que chaman a Terra. Alí, os destinos da xente son dominados por un goberno tiránico ao que moi poucas persoas se atreven a facer fronte.
Malia que só son unha moza e un mozo adolescentes, a súa chegada pode cambiar o futuro de millóns.
Porén, algo terríbel acontece e de súpeto acaban nun lugar inmenso e estraño ao que chaman a Terra. Alí, os destinos da xente son dominados por un goberno tiránico ao que moi poucas persoas se atreven a facer fronte.
Malia que só son unha moza e un mozo adolescentes, a súa chegada pode cambiar o futuro de millóns.
Tras un século baixo a protección da raíña Guiomar, as terras de Eabaca vense ameazadas pola aparición dun monstruoso cabalo e a chegada da Orcavella, unha criatura cun poder tal que ninguén lle pode facer fronte. Só cando a pandeireteira Aima decide acompañar a guerreira Tegra na súa viaxe polas catro parroquias do reino, a esperanza volve agromar.
Non obstante, a súa misión non será doada, pois mouros, nubeiras, xans, luciñas e xente cativa terán que unir forzas se queren conservar a liberdade.
Non obstante, a súa misión non será doada, pois mouros, nubeiras, xans, luciñas e xente cativa terán que unir forzas se queren conservar a liberdade.
Fuco descobre que a súa avoa, Rosalía, é unha poderosa meiga do Courel cando aparece na súa vida o vello druída Roque Dúasaugas. O druída está convencido de que Fuco se pode converter no seu aprendiz e chegar a ser un gran mago. Iso si, para acadar o posto de aprendiz, Fuco deberá vencer unha serie de probas á intelixente e insoportábel Aldara, ao tempo que un misterioso ser escuro lle tenta arruinar a competición. Intriga, natureza, diversión e lendas farán que Fuco coñeza a súa maxia interior!
O Salvaxe Oeste é un mundo tan perigoso como fascinante. Sarah Parsons descubrirao cando se mude coa súa familia ao territorio de Montana. A súa nova vida non será doada: Sarah coñecerá o medo, a inxustiza e as falcatruadas dos que burlan a lei. Pero tamén fará novos amigos, como o bravo Búfalo Choutón, que a axudará a superar todos os atrancos. A súa aventura estará inzada de pistoleiros, foraxidos, soldados de cabalaría, indios síux… e mesmo búfalos!
7.4.21
Velaquí o alumnado de Obradoiro de Música (algún do cal pertence tamén ao club de lectura "A Quenda do Libro") de 1º de ESO que fixo o podcast de contos de medo sobre as xacias, recoñecido polo Museo Etnolóxico de Ribadavia dentro da súa actividade "Espantamos o medo".
Reiterar de novo o noso agradecemento a todas elas polo seu fantástico traballo, así como a Tania Vázquez García de Lingua e Literatura Galega pola súa supervisión e colaboración.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















