Benvidos ao blog da biblioteca do IES Lama das Quendas de Chantada que hoxe estreamos.
Neste blog tentaremos amosarvos as nosas propostas e todas as actividades relacionadas coa biblioteca e coa comunidade educativa en xeral. Tentaremos que sexa unha ferramenta que contribúa a mellorar a competencia lectora e ao fomento da lectura.
Mirade dúas perspectivas xerais:
Agardamos que este sexa un espazo para o lecer e lembrade que nesta biblioteca temos moito que ver, moito que ler e... moito para aprender.
Neste blog tentaremos amosarvos as nosas propostas e todas as actividades relacionadas coa biblioteca e coa comunidade educativa en xeral. Tentaremos que sexa unha ferramenta que contribúa a mellorar a competencia lectora e ao fomento da lectura.
Agardamos que vos sexa de utilidade e que colaboredes no seu desenvolvemento.
Que vos parece se empezamos coñecendo a biblioteca?Mirade dúas perspectivas xerais:
Para a busca de información e traballos en rede temos a sección das tics.
Este é o lugar de lectura da prensa diaria e de revistas.
Neste recuncho podemos consultar enciclopedias, dicionarios etc.
Aquí expoñemos as novidades da biblioteca.
Este é o punto de información e préstamos.
Agardamos que este sexa un espazo para o lecer e lembrade que nesta biblioteca temos moito que ver, moito que ler e... moito para aprender.