Concurso de cartas de amor
San Valentín 2011
BASES:
1. As cartas poden ser tan extensas como vos queirades e deberán ter como temática sentimentos como o amor e amizade.
2. Poderán estar escritas tanto a man coma en máquina ou computador, con boa caligrafía, sen faltas de ortografía, con limpeza e orde, indicando o curso, nome e apelidos.
3. Deberán estar escritas en Lingua Galega e ser orixinais.
4. As cartas que non cumpran estes requisitos serán excluídas.
PRAZO DE ENTREGA:
Até o luns 14 de febreiro, día de San Valentín.
LUGAR DE ENTREGA:
Na urna de San Valentín situada na Biblioteca do IES.
PREMIOS:
Tres premios de Consumición (Bocadillo e bebida), para unha parella na Cafetería do IES e regalo especial de San Valentín.
ORGANIZAN:
Biblioteca e Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
0 comentarios:
Publicar un comentario