24.2.11
Hoxe remata a visita dos/as alumnas do instituto danés Hjørring Gymnasium : Cathrine, Frederik, Majbrit, Marlene, Stine e Vinnie e das dúas profesoras que os/as acompañan. Levan dende o luns entre nós ensinandolles aos alumnos de 4º de ESO danés e recibindo clases de galego, castelán, inglés etc. Estas clases foron valoradas como moi positivas, tanto polo noso alumnado como polo visitante. A visita deste grupo de alumnos/as tivo como obxectivo a preparación dun futuro intercambio co noso Instituto e que agardamos se leve a bo fin. Proximamente seguiremos amosándovos as esperiencias deste encontro polo que vos animamos a que nos contedes as vosas impresións sobre este intercambio.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario